Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

ACTIVA OS CUPÓNS NA TÚA APP “GÚSTAME IR AO SÚPER” E LEVA 5 EUROS DE AGASALLO!

9 Xullo, 2020

Se xa es usuario de nosa APP e levas a túa tarxeta do súper no móbil, temos noticias para ti. A partir de agora podes activar os teus cupóns desconto antes de vir comprar, onde e cando ti queiras. Para gozar deste novo servizo só tes que actualizar a túa aplicación no móbil e activar todos os cupóns que queiras utilizar na túa próxima compra.
Actualiza xa a túa APP “Gústame ir ao Súper” e leva de agasallo un cupón de 5 euros* para mercar no teu supermercado habitual.
E se aínda non coñeces nosa APP, podes descargala xa e gozar de todas as súas vantaxes, promocións e descontos.
Ver imaxe

Descarga en Android

Descarga en IOS

SORTEAMOS UNHA CESTA DE FROITA DE TEMPADA NAS NOSAS REDES SOCIAIS

18 Xuño, 2020

Esta semana empeza o verán e desde Gústame ir ao Súper queremos celebralo sorteando unha cesta chea de froita de tempada, para que poidas gozar os sabores máis doces e refrescantes e tamén máis sans e saudables. Para participar, visita as nosas redes sociais e cóntanos cal é a receita con froita que non falta no teu verán. Tes tempo para contárnolo desde hoxe día 18 de xuño e ata o 26 de xuño. Podes consultar aquí as bases legais do sorteo.

ADHERÍMONOS Á CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN #VOUDESÚPERFEIRÓN

28 Abril, 2020

A situación de emerxencia sanitaria por mor do Coronavirus provocou que moitos produtores agroalimentarios galegos viran pechadas as súas canles de distribución habituais.
Mercaproximidade, a canle alternativa de comercialización para eses produtos agrogandeiros galegos de proximidade, conta agora cunha campaña de sensibilización, #VoudeSúperFeirón, unha iniciativa coa que potenciar que os consumidores galegos apoien aos nosos produtores nuns momentos nos que viron minguadas as súas vendas.
As feiras, os feiróns e os locais de restauración aínda non se puxeron en marcha, pero os seus produtos non poden agardar. É o momento de lles axudar!
En Grupo Cuevas, a través da nosa rede de supermercados Aquié, Plenus e Aquí, tamén colaboraremos para que gandeiros, agricultoras, viticultores, apicultoras, bodegueiros, queixeiras… poidan seguir vendendo os seus marabillosos Produtos Galegos, pero agora tamén nos nosos súper.
Ver anuncio

SORTEO DÍA DA NAI EN REDES SOCIAIS

24 Abril, 2020

E é a quenda das nais! Porque sabemos que as conversacións cómplices e as apertas coas nosas nais se van facer de rogar, un pouquiño máis, propoñémosvos un sorteo para ir preparando ese reencontro no que tamén celebraremos o #DÍADANAI deste 2020… Participar é ben sinxelo. Toma nota: 1º. Comenta neste mesmo post: Que lugar elixiredes para tomar esa primeira cunca de café ou esa primeira infusión xuntos tras o confinamento? 2º. Etiqueta a dous amigos xunto á túa resposta. Tes tempo para participar ata o 29 de abril ás 12:00 h do mediodía. Consulta aquí as bases legais