Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

OS BICHOJITOS MÁIS DIVERTIDOS CHEGAN AOS NOSOS SUPERMERCADOS

29 Setembro, 2020

Os bichojitos luminosos viñeron para quedar nos nosos supermercados. Abellas, bolboretas, arañas, xoaniñas, caracois… ti elixes o que máis che guste! Son grandes amigos da nosa mascota Floriposa e farán as delicias dos máis pequenos da casa. Peluches moi suaves e con ollos luminosos, reloxos coa túa mascota favorita, ou quentiñas zapatillas da casa e pixamas para protexerse do frío. Unha completa colección que xa podes conseguir nos nosos supermercados reunindo puntos coas túas compras. Lévaos agora cun prezo especial. Descontámosche o 50% do seu prezo orixinal! Infórmate no teu supermercado habitual ou descarga aquí a túa cartilla de puntos.
Vai por eles que voan!
Promoción válida ata o 15 de xaneiro de 2021 ou fin de existencias (10.079 unidades).
Descobre aos Bichojitos

Cartilla de puntos

SORTEO: CANTO SABES DOS NOSOS SUPERMERCADOS?

18 Setembro, 2020

Para saíres un pouco da nova rutina que nos preparou setembro, propoñémosche un xogo…
Para participar só tes que:
1. Ser seguidor da páxina de Facebook de #GústameiraoSúper ou ben do perfil de Instagram @megustairalsuper
2. Responder ás preguntas que che fagamos co cancelo #TrivialGMIS seguido do número da resposta correcta.
3. Etiquetar a dous amig@s para que poidan participar no sorteo.
O tempo para participar no concurso é dende hoxe, día 18 de setembro, ata o 28 de setembro ás 11:59 do mediodía.
E agora o máis importante: O PREMIO! Para comezar ben a temporada, o premio vai ser un agasallo para o teu padal: un delicioso pack de produtos cortesía de Cuevas y Cía, a compañía de Grupo Cuevas que elabora o delicioso Marron Glacé. O premio estará composto por Marron Glacé Classic, Marron Glacé Gran Selección ao viño de Xerez, Marron Glacé Gran Selección ao Xenxibre e un paquete de Gornición de castañas da liña #CuevasChef.
Moita sorte a todos!
Importante: o/a gañador/a do sorteo terá que recoller o seu premio en calquera dos supermercados da rede #GústameiraoSúper (#Aquié, #Plenus e #Aquí) en GALICIA.
Ver imaxe

Bases legais

AGORA MERCAR EN “GÚSTAME IR AO SÚPER” TEN PREMIO

1 Setembro, 2020

Durante o próximos tres meses ser cliente de Gústame ir ao Súper ten premio! Desde hoxe e ata o próximo 30 de novembro, todas as compras que fagas nos supermercados Aquié, Plenus e Aquí vanse acumular de tal forma que, no mes de decembro, e segundo o teu consumo, terás un Súper Cheque por un importe de 12€, 15€ ou 18€ para gastar no teu súper habitual.
E o mellor de todo é que… Ti non tes que facer máis nada que seguir comprando coma sempre!
Infórmate na túa tenda habitual e consulta os establecementos adheridos a esta promoción.
Ver imaxe