Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

ADHERÍMONOS Á CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN #VOUDESÚPERFEIRÓN

28 Abril, 2020

A situación de emerxencia sanitaria por mor do Coronavirus provocou que moitos produtores agroalimentarios galegos viran pechadas as súas canles de distribución habituais.
Mercaproximidade, a canle alternativa de comercialización para eses produtos agrogandeiros galegos de proximidade, conta agora cunha campaña de sensibilización, #VoudeSúperFeirón, unha iniciativa coa que potenciar que os consumidores galegos apoien aos nosos produtores nuns momentos nos que viron minguadas as súas vendas.
As feiras, os feiróns e os locais de restauración aínda non se puxeron en marcha, pero os seus produtos non poden agardar. É o momento de lles axudar!
En Grupo Cuevas, a través da nosa rede de supermercados Aquié, Plenus e Aquí, tamén colaboraremos para que gandeiros, agricultoras, viticultores, apicultoras, bodegueiros, queixeiras… poidan seguir vendendo os seus marabillosos Produtos Galegos, pero agora tamén nos nosos súper.
Ver anuncio

SORTEO DÍA DA NAI EN REDES SOCIAIS

24 Abril, 2020

E é a quenda das nais! Porque sabemos que as conversacións cómplices e as apertas coas nosas nais se van facer de rogar, un pouquiño máis, propoñémosvos un sorteo para ir preparando ese reencontro no que tamén celebraremos o #DÍADANAI deste 2020… Participar é ben sinxelo. Toma nota: 1º. Comenta neste mesmo post: Que lugar elixiredes para tomar esa primeira cunca de café ou esa primeira infusión xuntos tras o confinamento? 2º. Etiqueta a dous amigos xunto á túa resposta. Tes tempo para participar ata o 29 de abril ás 12:00 h do mediodía. Consulta aquí as bases legais

GRUPO CUEVAS ADHÍRESE AO PROGRAMA MERCAPROXIMIDADE

16 Abril, 2020

Mercaproximidade. Ese é o nome da nova canle de comercialización de produtos do sector primario posto en marcha pola Consellería do Medio Rural para dar saída ás producións de agricultores e gandeiros golpeados polo peche da hostalería, a suspensión das feiras ou a clausura dalgúns mercados municipais.
Os supermercados de Grupo Cuevas adhírense a este programa poñendo ao dispor dos clientes produtos dos agricultores e gandeiros que, pola súa banda, tamén se adhiran ao proxecto ofrecendo os seus produtos.
A idea non só é dar saída a estes produtos, a través da súa comercialización en supermercados senón que tamén busca dar a coñecer ao consumidor a orixe dos produtos que compra.
A apertura da canle irá acompañada dunha campaña informativa dirixida ao consumidor final para dar a coñecer aos produtores que a integran, ademais das empresas distribuidoras que colaboran.

AQUIÉ HÓRREO EN TVG E TVE

8 Abril, 2020

O programa Bos días de TVG, desprazouse nos días previos a Semana Santa ata o noso supermercado Aquié en Santiago de Compostela para coñecer, de primeira man, que produtos estaban a consumirse máis nos días previos aos festivos. A nosa compañeira Sonia Ferreiro, responsable da tenda, explicoulle que o novo produto estrela é o lévedo para facer respostería en casa.
Podes ver a entrevista completa a partir do minuto 46.50.
Pola súa banda, o informativo de TVE na súa delegación territorial en Galicia, tamén visitou este centro esta semana para continuar o seguimento dos produtos máis demandados polos clientes pasados os días festivos.
Para ver a noticia, pulsar na ligazón de TVE a partir do minuto 4.57.
Ver noticia TVG

Ver noticia TVE

NAZARET, DE AQUIÉ FLEMING, NA VOZ DE GALICIA

5 Abril, 2020

O diario La Voz de Galicia publica nas súas páxinas do domingo unha entrevista realizada a Nazaret, segunda responsable de tenda en Aquié Fleming. Ela cóntanos, en primeira persoa, como está a vivir esta situación desde o seu traballo no supermercado.
Ler entrevista