Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

SORTEO DÍA DO PAI EN REDES SOCIAIS

10 Marzo, 2020

En Gústame ir ao Súper queremos que celebres o día do pai coas pilas cargadas e por iso propoñémosche un sorteo en redes sociais cun premio moi enérxico: un orixinal xogo de café de 6 cuncas! e un paquete de café SPAR para que o estreedes con estilo.
Que tes que facer para participar? Moi fácil. Este super premio pode ser teu simplemente entrando no noso Facebook ou Instagram seguindo dous sinxelos pasos:
1º. Dicirnos que tipo de café ou como lle gusta tomar o café ao teu pai: mestura, natural, descafeinado, expreso, suave, intenso, con leite, só, longo de café, con moito azucre, con escuma, cunha nube de nata…
2º. E etiquetar a dous amigos.
O prazo para participar finaliza o próximo 17 de marzo ás 10:00 h así que non te despistes!
E se che queda algunha dúbida, podes consultar as condicións sorteo:
Bases legais

NOVA EXPOSCIÓN EN AQUIÉ: O XANTAR ESTÁ LISTO

6 Marzo, 2020

Hoxe comezamos en #AquiéHórreo a nosa quinta exposición da Campaña #SacaUnDezCadaDía!
Como é lóxico, nesta ocasión o número cinco é a clave, por iso, dende #GústameiraoSúper propoñémosche facer 5 comidas ao día!
Pero ollo! O ideal é centralizar o consumo de calorías en 3 comidas principais: almorzo, xantar e cea; e introducir o resto de calorías nas 2 comidas secundarias: unha a media mañá e outra á merenda.
Ademais, se te achegas á expo poderás descubrir os utensilios de cociña que empregaban os teus antepasados: a pota de tres pés, a peneira, o molde para bica, cociñas portátiles… Si, si, cociñas portátiles! Pode que os nosos avós ou bisavós non tiveran microondas pero xa tiñan inventos para quentala comida aló onde tiveran que ir traballar. Queres descubrir a súa cociña viaxeira? Agardámoste! E bo proveito!
Ver imaxe

ABRIMOS UN NOVO SPAR EXPRESS, O PRIMEIRO EN CASTELA E LEÓN

3 Marzo, 2020

Onte luns, día 2 de marzo, comezou a súa andaina un novo Spar Express. Esta tenda que conta coas seccións de froitería, carnicería e chacinería, é a primeira que Grupo Cuevas abre en Castela e León baixo este formato.
A tenda está situada na localidade zamorana de Villanueva del Campo e adquire o número 44 na lista de supermercados que Grupo Cuevas posúe en formato de franquía.
Con esta apertura, Grupo Cuevas continua desenvolvendo o seu modelo de crecemento sostible vinculado ao compromiso pola dinamización das zonas rurais non só en Galicia, senón tamén en todos os territorios nos que está presente.
Ver imaxe