Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

ARTUR YUSTE EN “ONDA CERO OURENSE”

15 Xullo, 2019

Jesús Álvarez entrevistou hoxe a Artur Yuste en Onda Cero Ourense. Durante a conversación, o director xeral de Grupo Cuevas falou dos resultados de facturación da compañía durante 2018 e tamén se detivo a analizar a necesidade de xerar emprego e de dinamizar o rural como clave de futuro para combater a Galicia baleirada.
Para escoitar a entrevista completa, clica na ligazón:
Escoitar entrevista completa

O PROGRAMA “LATEXOS DA CIDADE” ESTIVO EN AQUIÉ FLEMING

9 Xullo, 2019

Se non tiveches ocasión de ver o programa Latexos da Cidade na Televisión de Galicia a semana pasada, podes ver agora como o noso equipo de Aquié Fleming en Ourense se prepara cada día para comezar a xornada. A partir do minuto dous, Mari e Ana cóntannos todos os detalles do seu traballo diario.
Ver programa

ENTREVISTA A ARTUR YUSTE EN DIARIO DE PONTEVEDRA E EL PROGRESO

17 Xuño, 2019

Esta fin de semana as cabeceiras Diario de Pontevedra e El Progreso publicaron unha entrevista que a Axencia Galega de Noticias fixo a Artur Yuste con motivo do lanzamento do plan de dinamización do rural con Spar Express. No artigo o director xeral de Grupo Cuevas fala tamén da traxectoria desta empresa ourensá con 152 anos de idade que mostra unha saúde tan robusta como a do primeiro día. Se queres ler o artigo enteiro podes facelo na seguinte ligazón:
Ler entrevista completa en Diario de Pontevedra

O PROGRAMA ” COUSAS DE COMER ” ENTREVISTA A ARTUR YUSTE

13 Xuño, 2019

O programa " Cousas de comer" que emite a televisión local de Ourense, Telemiño, no seu espazo desta semana achegouse ao Grupo Cuevas para entrevistar a Artur Yuste. Durante a conversación con Francisco Gil, presentador de Cousas de comer, falouse con detemento sobre o plan de dinamización do rural que o grupo está a desenvolver da man da marca Spar Express.
Se queres ver a entrevista completa, podes facelo a partir do minuto 15’35”.

ABRIMOS O 11º CONCURSO DE DEBUXO PARA OS NENOS DE AQUIÉ

24 Abril, 2019

Xa está aquí o 11º Concurso de Debuxo Infantil dos supermercados Aquié. Este ano Floriposa quere xogar cos seus novos amigos. A nosa mascota máis divertida gozará cos seus novos amigos xogando á mariola, á peonza ou ao pilla pilla… ti decides!
Queres que o teu peque participe? Xa podes recoller a lámina para facer o debuxo en calquera dos tres supermercados Aquié de Galicia.
Esperamos as propostas dos vosos artistas ata o sábado 25 de maio.
Moita sorte a todas/os!
Ver bases legais

Ver direccións de Aquié