Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GÚSTAME IR AO SÚPER COAS ANTIGAS RECEITAS DO SANMIGUEL

29 Outubro, 2019

As mellores receitas dos pratos do histórico restaurante Sanmiguel chegarán cada domingo aos lectores da Rexión, na sección AXENDA. Os mellores pratos dun clásico ourensán, o restaurante Sanmiguel, estarán ao alcance de todos os lectores da Rexión cada semana. A primeira receita, un caldo de castañas, foi a primeira entrega dunha colección que se publica en colaboración co Grupo Cuevas.
Facendo honra ao espírito Sanmiguel, que baseaba a súa cociña nas especialidades de cada tempada, as próximas semanas estarán dedicadas a pratos típicos relacionados coa castaña, produto típico de San Martiño.
As receitas de cada semana incluirán o grao de dificultade de cada prato, a duración da preparación, compoñentes, pasos a seguir… "O obxectivo é que a xente os vaia gardando e esperamos co tempo completalo cun libro da historia sobre o que foi o Sanmiguel, como se formou, a xente que pasou por alí…", di. Santiago Martínez e a súa muller, Loli Seijas, lembran grandes historias tanto no restaurante, todo unha revolución gastronómica en Ourense, cando a cidade aínda estaba por desenvolverse, como os servizos de cáterin.
Ver receita

CHEGA O CATÁLOGO ESPECIAL ” SELECIÓN DE NADAL” DE GRUPO CUEVAS

22 Outubro, 2019

A miúdo pensamos no Nadal como unha época do
ano, pero o Nadal é moito máis que iso. É un estado
de ánimo colectivo. Un sentimento que percorre o mundo. Un
“nonseioque” que nos fai mellores. É o momento dos bos
propósitos e os bos desexos. É tempo de compartir
minutos e espazo coa familia e tamén cos amigos.
O Nadal asoma xa coas súas primeiras raiolas de luz e maxia.
Aínda que invisible a primeira vista, vaise coando lentamente nos
nosos corazóns. E se de verdade existe iso que chaman
“espírito do Nadal”? Brindamos porque así sexa.
Felices Festas
Descargar catálogo

GRUPO CUEVAS IMPLANTA UNHA TECNOLOXÍA DE FRÍO PIONEIRA EN ESPAÑA

15 Outubro, 2019

A instalación executouse no centro que a compañía galega reinaugurou recentemente en Vigo
Grupo Cuevas comezou a dotar aos seus supermercados dun sistema de refrixeración reservado ata o de agora aos hipermercados e ás grandes superficies dotadas das máis avanzadas tecnoloxías de frío. Por primeira vez a nivel nacional e mundial, un supermercado de alimentación utiliza unha central frigorífica Booster de CO2 dotada dun exector de líquido Danfoss, que minimiza o consumo enerxético e consegue os maiores niveis de eficiencia a calquera temperatura. O supermercado da cadea galega Plenus que Grupo Cuevas reabriu en Cabral (Vigo) o pasado 19 de setembro, tras unha completa remodelación, converteuse no primeiro de todo o sector da distribución alimentaria en dispoñer da avanzada tecnoloxía.
Con este investimento, Grupo Cuevas e a súa insignia de alimentación Plenus convértense no gran referente en supermercados ecoeficientes. Ademais, a compañía segue mantendo entre os seus alicerces estratéxicos os investimentos orientados a mellorar e a facer máis confortable a experiencia de compra dos clientes no seu centro de confianza. Á mellora estética une dúas características cada vez máis apreciadas polo consumidor: o respecto polo medio ambiente e a eficiencia enerxética. O uso de CO2 como fluído refrixerante ten un nulo impacto sobre a capa de ozono, a diferenza dos gases halogenados ou fluorados. A utilización de dióxido de carbono nas instalacións de frío industrial ou comercial é a solución máis ecolóxica, xa que implica reciclar un dos principais gases de efecto invernadoiro.
O proxecto de modernización realizado por Grupo Cuevas no supermercado Plenus do barrio vigués de Cabral transformou o mobiliario e as vitrinas de conservación de alimentos, e estendeuse ademais a catro cámaras de conservación e a un obradoiro de manipulación. En conxunto, ese equipamento suma 38 quilowatios de potencia frigorífica positiva. O supermercado ecoeficiente foi dotado de equipos de baixa temperatura, con 5 quilowatios de potencia, nunha cámara, nun mural de conxelados e nun fabricador de xeo en escamas.
A tecnoloxía baséase na instalación dunha central Booster de CO2, do fabricante italiano SCM Frigo, acompañada dun exector de líquido Danfoss, unha completa novidade dentro do formato de venda dos supermercados de alimentación. O sistema de exector de líquido consegue optimizar a función dos evaporadores, que operan de forma máis eficiente con requentamentos próximos a cero, o que reduce o consumo enerxético dos compresores ao traballar a unha presión de aspiración máis alta.
O exector fai posible un aforro extra de ata un 12% en comparación cos sistemas Booster simples, tendo en conta que o CO2 como gas para refrixeración pode rebaixar o custo enerxético en ata un 40% en determinadas condicións de traballo en comparación con outros refrixerantes convencionais, e que no sector da distribución alimentaria, os equipos e o mobiliario de frío chegan a representar de media entre o 50 e o 65% da factura enerxética total.
ACS e calefacción con CO2. O centro Plenus de Cabral tamén obtén auga quente sanitaria e a auga quente para calefacción utilizando a calor do CO2 como fonte de enerxía. Este beneficio adicional logrouse ao integrar dous recuperadores de calor na central frigorífica.
O resultado da operación de actualización que se levou a cabo é o emprego dunha tecnoloxía pioneira no seu segmento, a aposta de cheo por un refrixerante natural como o CO2 e a procura da máxima eficiencia e fiabilidade. A modernización en deseño (estética) e en tecnoloxía (equipos e sistema de refrixeración) nos lineais conecta coa filosofía da compañía centenaria, que prioriza e fomenta a compra confortable e saudable en todos os seus centros.
Ver imaxe