23 Febreiro, 2018
Na sección “Aprender a comprar” ( min. 5:35) do programa Cousas para comer, que emite semanalmente Telemiño, Olga, responsable da peixaría en Aquié Fleming de Ourense, fala con Francisco Gil sobre o peixe de tempada, as cotas de pesca e o prezo actual do peixe.
Ver programa
19 Febreiro, 2018
O suplemento EURO do diario La Región publicou onte, domingo, na súa versión en papel, unha entrevista en profundidade con Artur Yuste, director xeral do Grupo Cuevas, na que fai un balance destes 150 primeiros anos da compañía ourensá e ofrece unha perspectiva persoal sobre o sector da distribución alimentaria e das potencialidades da castaña.
Ler entrevista completa
7 Febreiro, 2018
O 14 de febreiro aproxímase e en Gústame ir ao Súper gústanos mostrarlle o noso apoio incondicional a San Valentín.Por este motivo, en 2018 decidimos sortear unha estupenda CESTA romántica.
Para participar en “A miña velada perfecta” só terás que deixarnos un comentario etiquetando a esa persoa coa que terías unha velada romántica.
O prazo para concursar finaliza o vindeiro luns 12 ás 8:00 h, así que non o penses moito. Sorte!
Podes consultar aquí as bases do concurso
Consulta as bases legais
No concesionario Tomóvil que o Grupo Cuevas ten en Ourense entregouse esta mañá o gran premio das promocións que se desenvolveron para conmemorar o 150 aniversario da compañía: un coche modelo Ford Ka+. Os gañadores dos 150 carros de alimentación sorteados xa recibiron tamén os seus premios, consistentes en compras gratuítas, ata un valor máximo de 150 euros, tanto no ámbito de supermercado como de cash & carry e en toda a comunidade galega. Na relación de premiados, destacan os clientes das tendas ourensás do grupo (36%), seguidos dos compradores en tendas de Pontevedra (33%) e en centros de Lugo e A Coruña (31%).
O gañador do coche é Miguel Álvarez Yurrita, propietario, xunto cun socio, dun establecemento de hostalaría en Vigo, e cliente do Cuevas Cash da mesma cidade desde hai varios anos.
Para Artur Yuste, director xeral da compañía, esta campaña “foi o mellor modo de premiar a fidelidade das familias que confían en nós”. Tamén destaca que “a emoción e a innovación” que se significaron como os eixos da longa traxectoria do Grupo Cuevas configuraron tamén todos os actos do 150 Aniversario, e, de forma particular, a campaña que premiou a fidelización dos clientes nas catro provincias galegas: “Os Novos e Centenarios de Cuevas quixemos mostrar as nosas sensibilidades sociais, as nosas conviccións empresariais e o noso compromiso e aposta polo lugar no que vivimos”.
Coa entrega destes premios, o Grupo Cuevas pecha os actos conmemorativos e promocionais do 150 aniversario, que ocuparon gran parte do ano 2016, todo o ano 2017 e o principio deste 2018.
Ver imaxe
2 Febreiro, 2018
No marco da 19ª edición do Salón de Turismo Gastronómico Internacional "Xantar" a cadea Cope emitiu, o pasado día 31 de xaneiro, o seu programa “La Mañana de Cope” desde Expourense. Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, foi entrevistado por Juan Maceiras, xefe de informativos da emisora e condutor do programa durante a celebración do acto de inauguración do salón.
A entrevista ao completo está dispoñible na seguinte ligazón:
Escoitar entrevista