26 Marzo, 2018
Apaixónate a cociña galega? Vives pensando no cocido da avoa do domingo ou neses callos aos que só ti lles tes collido o punto exacto do picante.
Pois se che gusta a cociña, o noso concurso en redes sociais vaiche encantar. Simplemente terás que comentar no “post” do concurso, na nosa conta de Facebook ou Instagram cal é o prato típico galego que máis che gusta e acompañalo cos cancelos #Gústameacociña e #ProdutoGalego. Sinxelo, verdade?
De cada rede social, Facebook e Instagram, sairá un gañador/a que levará un marabilloso MANDIL de Grupo Cuevas personalizado co nome que elixa!
O prazo para participar comeza ás 12:00 de hoxe e finaliza o luns 9 de abril ás 12:00h.
Moita sorte a todos/ as!
Ver bases legais
12 Marzo, 2018
Gústameiraosúper estréase na rede social de maior crecemento no último ano: Instagram. Os supermercados Aquié, Plenus e Aquí xa teñen unha canle propia na que compartir instantáneas e vídeos con todos os seus seguidores. Apetéceche seguirnos?
Gústame ir ao súper en Instagram
7 Marzo, 2018
A expansión dos supermercados Plenus que impulsa o Grupo Cuevas por toda Galicia chega mañá, xoves día 8 de marzo, á localidade lucense de Quiroga (3.300 habitantes). A nova tenda ocupa unha nave completa cunha superficie total de 1.089 metros cadrados construídos nunha parcela independente da localidade lucense, e dispón dunha sala de vendas de case 800 metros cadrados. A oferta comercial complétase cun aparcadoiro subterráneo propio e gratuíto, e quince empregos que forman o equipo responsable do servizo.
Cun horario ininterrompido da mañá á noite, entre luns e sábado, ofrecerá cinco mil referencias e seccións de carnizaría, chacinaría, peixaría, froitaría, lácteos, conxelados e seco, cunha atención especial de panadería.
28 Febreiro, 2018
Os alumnos do ciclo de Actividades Comerciais do CIFP Portovello visitaron as instalacións de Grupo Cuevas o pasado luns, 26 de febreiro. Durante a súa visita coñeceron un pouquiño máis a fondo a historia e percorrido da compañía ourensá nos seus primeiros 150 anos de vida e puideron seguir de preto a actividade e funcionamento do centro loxístico que dá servizo a toda a rede de distribución alimentaria en Galicia e norte de Portugal.
Ver imaxe
24 Febreiro, 2018
O pasado venres, día 23 de febreiro, emitiuse en Telemiño a entrevista que o xornalista Antonio Nespereira realizou a Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, para o programa "As contas claras".
Ver entrevista