Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

DÉIXATE QUERER, MAMÁ!

23 Abril, 2018

O día da nai está preto… e na nosa rede de supermercados querémolo celebrar ao grande. Porque ela o merece todo, sorteamos 10 bonos spa para dúas persoas que inclúe aloxamento, almorzo e un tratamento termal a elixir.
Participar no sorteo é moi simple. Desde o 23 de abril e ata o vindeiro xoves día 3 de maio recibirás unha participación por cada 10 euros de compra que realices. Cúbrea cos teus datos e deposítaa na urna dispoñible no teu súper habitual. O venres 4 de maio celebraremos o sorteo e saberemos que 10 afortunadas mamás poderán gozar dun momento relax nun dos balnearios da rede Caldaria de Galicia.
Sorte a todos!
Queres saber máis? Achégache a calquera dos nosos supermercados Aquié, Plenus ou Aquí e infórmate.
Consulta as bases legais

CUEVAS & CÍA ESTARÁ EN ALIMENTARIA

11 Abril, 2018

A próxima semana, Cuevas & Cía participará nunha nova edición do Salón Internacional de Alimentación, Bebidas & Food Service “Alimentaria” que se celebra en Barcelona entre o 16 e o 19 de abril. Cuevas & Cía achegará un pouco máis o Marron Glacé, a nosa Alma de Bosque, ao mercado internacional cunha localización exclusiva dentro do espazo habilitado pola Consellaría do Medio Rural na feira (Pavillón 2, caseta C342).
Alimentaria é un evento internacional de referencia para todos os profesionais da industria da alimentación, bebidas e food service. Unha cita obrigada coa innovación, as últimas tendencias e a internacionalización do sector.
Este ano reestrutura a súa oferta en base a novos eixos e tendencias de consumo para incrementar as opcións de participación das empresas expositoras e multiplicar as oportunidades de negocio.
Esta feira internacional potencia os seus valores únicos e diferenciais: a internacionalización, innovación, gastronomía e especialización sectorial. A feira ofrecerá tamén unha atractiva oferta en base aos mercados chave da industria alimentaria e as súas tendencias de consumo.
Na súa edición anterior, a feira contou con máis de 3.000 expositores procedentes de todo o mundo.

ARRINCA O 10º CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL NOS SUPERMERCADOS AQUIÉ

2 Abril, 2018

Xa está aquí o 10º Concurso de Debuxo Infantil dos supermercados Aquié. Este ano Floriposa busca cuadrilla! A nosa mascota máis divertida quere facer novos amigos que, coma ela, gocen xogando ao aire libre, comendo froitas e verduras, e bailando e rindo sen parar.
Queres que o teu peque participe? Xa podes recoller a lámina para facer o debuxo en calquera dos tres supermercados Aquié.
Esperamos as propostas dos vosos artistas ata o venres 30 de abril.
Moita sorte a todas/os!
Ver as bases do concurso

AS AXUDAS A BEBÉS NAS TENDAS DE GRUPO CUEVAS AMPLÍANSE

As familias galegas con nenos que retornen desde a emigración a Galicia durante 2018, ou as familias con nenos adoptados, poderán beneficiarse das axudas á natalidade ofrecidas polo Grupo Cuevas nos seus supermercados de toda Galicia. Estas axudas, implantadas en 2017, e que ata a data estaban dirixidas a familias con bebés durante o primeiro ano de vida dos nenos, ampliaranse tamén aos colectivos sinalados.

OS TUPPERS LIFEDESIGN XA DISPOÑIBLES NA REDE GÚSTAMEIRAOSÚPER

Queres conseguir os novos tuppers LifeDesign a un prezo moi especial? Xa están dispoñibles na nosa rede de supermercados Aquié, Plenus e Aquí. Se tes a Tarxeta Cliente “ GústameiraoSúper”, xa podes comezar a acumular puntos coas túas compras diarias. Se chegas a 15 puntos no mes en curso, obterás un cupón que che servirá para conseguir os teus tuppers a un prezo insuperable, 4,95 euros o lote de 3 unidades. Hai tres modelos diferentes a elixir!
Se queres saber máis desta promoción, consulta as bases de participación adxuntas.
Mentres, avanzámosche algunhas das características dos tupper LifeDesign:
– fabricados con vidro borosilicato
– 100% herméticos
– con válvula para microondas
– 4 puntos de peche e xuntas de silicona
– libres de metais e chumbos
– aptos para neveira, conxelador (ata -20º C), forno (ata 400º C) e microondas (ata 70º C e coa válvula aberta)
– os únicos que permiten pasar de temperaturas de -20º C a 400º C. Choque térmico 120º C sen rotura
– aptos para lavalouzas
Ver bases legais