28 Maio, 2018
O programa “Cousas de comer” de Telemiño visitou novamente a nosa peixaría do supermercado AquiéFleming para coñecer da man da nosa compañeira Olga as bondades do peixe azul. A xarda é a protagonista desta tempada. Goza da sección "Onde Comprar" a partir do minuto 10:40.
Ver vídeo
25 Maio, 2018
Xuño vén cheo de sorpresas e dende o 28/05/18 ao 23/06/18, a nosa liña Cash Cuevas sortea 4 armarios viñotecas refrixeradores con capacidade para 18 botellas. Participar no sorteo é moi sinxelo. Desde o 28 de maio e ata o 23 de xuño recibirás unha participación por cada 60€ de compra que realices. Cúbrea cos teus datos e desposítaa na urna dispoñible no teu cash habitual.
O luns, 11 de xuño, realizaremos o primeiro sorteo do que sairán 2 gañadores. O segundo sorteo terá lugar o luns 25 de xuño e del sairán os outros 2 gañadores. Sorte a todos os participantes!
Ver bases legais
7 Maio, 2018
Xa temos aos 10 gañadores do noso sorteo do DÍA DA NAI. Imos entregar os 10 fantásticos bonos spa que permitirán ao gañador ou gañadora gozar dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas e un tratamento termal a elixir nun dos hoteis balneario da rede Caldaria de Galicia. Es un deles? Parabéns!
Ver listaxe de gañadores
A Televisión de Galicia, no seu espazo Telexornal Mediodía, dedicou un espazo a Grupo Cuevas e á súa traxectoria de máis de 150 anos, ademais de destacar a internacionalización da compañía a través do Marron Glacé e os produtos derivados da castaña.
Para ver a noticia completa, preme na seguinte ligazón.
Grupo Cuevas na TVG
30 Abril, 2018
Os días 27 e 28 de abril, a avenida de Pontevedra (confluencia coa praza Bispo Cesáreo) da cidade de Ourense acolleu unha xornada sobre o automóbil ecolóxico que contou tamén coa presenza e o apoio de Tomóvil Cuevas. A cita congregou a unha gran cantidade de público e xerou unha destacada expectación entre os taxistas da capital de As Burgas, principais destinatarios do evento, e cidadáns en xeral que mostraron interese e curiosidade por un tema que nos afecta a todos e que está de plena actualidade. As xornadas estaban organizadas pola revista YOTAXI, Teletaxi Ourense e o Concello da capital de As Burgas; e contou coa colaboración Repsol AutoGas e Nedgia, a compañía de distribución de gas natural do grupo Gas Natural Fenosa. O prato forte do evento foi a exposición de turismos como o Ford Mondeo Híbrido que achegou Tomóvil e os modelos de carácter ecolóxico doutras marcas como Renault, Dacia, Hyundai, Nissan, Skoda, Toyota, Opel e Seat. Todos eles baixo a máxima de contribuír a unha mobilidade sustentable e á eficiencia enerxética.
Ver imaxe