Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

TOMÓVIL PARTICIPA NO SALÓN DO AUTOMÓBIL DE EXPOURENSE

Este mes, Tomóvil estará presente nunha nova edición do Salón do Automóbil, que, como cada ano, organiza Expourense. Os días 19, 20 e 21 de outubro participará na feira de vehículos novos e os días 26, 27 e 28 de outubro na feira dos vehículos de ocasión.
O novo Ford Focus será o modelo estrela para o evento.
Máis información

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS

28 Setembro, 2018

Non tires o tapón!
En #Gústameiraosúper empezamos o outono colaborando cunha boa causa. Pomos en marcha unha campaña solidaria de recollida de tapóns de plástico en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia. Esta semana seguro que xa viches nos nosos supermercados #Aquié, #Plenus e #Aquí un lugar en que depositalos e así achegar o teu gran de area á iniciativa "Traxes de Superheroes". O obxectivo é recadar os tapóns suficientes para custear a compra do programa SPIDERSUIT, provisto de 5 traxes, poleas e o Sistema de Unidade de Exercicios Universal. O SpiderSuit permite o traballo de neurorehabilitación intensiva para nenos con trastornos neuromotores.
Axúdasnos a colaborar coa Fundación Amigos De Galicia? Trae os teus tapóns aos nosos súper e axúdanos a conseguilo.
Se tes algunha dúbida sobre os tapóns que son válidos, na web do proxecto atoparás toda a información que precises.
Web Amigos de Galicia

AUGA! A NOVA EXPOSICIÓN DOS SUPERMERCADOS AQUIÉ

7 Setembro, 2018

Con setembro chega unha nova exposición a Aquié, enmarcada na campaña "Saca un dez cada día!". Arrincabamos este 2018 cunha serie de consellos que tiñan como obxectivo ofrecerche sinxelos e prácticos consellos para facer a túa vida mellor. Queremos que sigas sacando un 10 cada día e que, ademais de facer unha hora de exercicio diario, te apuntes ao costume san de beber auga cada día. A exposición chamada AUGA! proponche os momentos ideais para beber auga e cales son as cantidades adecuadas. Ademais, na mostra realizamos unha selección de augas singulares traídas de todo o mundo. Auga de néboa, auga procedente dun iceberg, auga filtrada con ouro e mesmo auga negra! Por suposto, tamén hai unha parte dedicada a Galicia e aos nosos ricos mananciais de auga mineral. Queremos que o teu momento de facer a compra se convirta nunha experiencia agradable e por iso, tamén te convidaremos a xogar connosco nunha divertida actividade dentro do supermercado. Participa, que hai premio! Desde hoxe e ata o próximo 4 de outubro, a exposición chega a Aquié Porriño. En outubro poderemos gozala no supermercado Aquié de Santiago de Compostela e, finalmente, pecharemos o ciclo en Aquié Fleming, en Ourense.
E lembra que beber 2 litros de auga cada día é beneficioso para a túa saúde. SACA UN DEZ CADA DÍA!
Consulta as bases legais