Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

MARRON GLACÉ NO PROGRAMA “MARCA ESPAÑA” DE RNE EXTERIOR

20 Xaneiro, 2017

O programa Marca España de Radio Nacional Exterior realizou unha entrevista a Maite González, xerente de Cuevas e Cía, sobre a riqueza da castaña en Ourense e a súa posterior transformación en marron glacé. Durante a entrevista, tamén se realizou un percorrido histórico desde os seus inicios, pasando pola exportación do produto fresco a América E a posterior etapa de envío de produto conxelado, ata a creación, nos anos 80, da primeira fábrica de marrón glacé en España.
O programa Marca España de Radio Nacional Exterior dá voz a todas as firmas e persoas españolas que colocan ben alto e ben lonxe o nome de España no mundo.
Escoitar a entrevista a partir do minuto 4:40.
Escoitar entrevista

CUEVAS Y CÍA MARRON GLACÉ NA FEIRA ISM DE COLONIA

16 Xaneiro, 2017

Cuevas y Cía Marron Glacé repite presenza na ISM de Colonia, a maior feira especializada do mundo en doces e aperitivos que terá lugar do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro. A ISM, que se celebra unha vez ao ano, convértese no máis grande escaparate de propostas da familia dos doces e aperitivos, así como a presentación de novos artigos para picar.
Dirixida a un público especialista, formado esencialmente por compradores por xunto, debátense as posibles aplicacións dos produtos e as perspectivas do sector.
A ISM considérase a plataforma de negocios e de comunicación máis importante do sector. Por iso, nela reúnense pequenos e grandes provedores con empresas multinacionais e investidores.
A oferta da feira complétase coa celebración de diferentes eventos e foros, como o New Product Showcase, para novos produtos; ou o Innova Market Insights, de tendencias. Ademais, desde 2014, ten lugar a entrega de premios dos ISM Awards, cos que se valoran os méritos extraordinarios da industria.
Na súa edición anterior a feira contou con máis de 37.000 visitantes e 1500 expositores.
Máis información sobre a ISM

O GRUPO CUEVAS PATROCINA O CONCURSO GOURMET “JÓVENES CENTENARIOS”

13 Xaneiro, 2017

Grupo Cuevas chega a esta edición de Xantar Salón Internacional de Turismo Gastronómico abandeirando o 5.º concurso gourmet, baixo o nome de “Jóvenes Centenarios”. O certame xirará ao redor das máximas que construíron a identidade de Grupo Cuevas ao longo da súa historia: a innovación e a experiencia, a modernidade e a tradición, o emprendemento, a alimentación sa e a solidez dun grupo netamente ourensán.
Dividido en dúas categorías, a profesional e a de afeccionado, o concurso terá como obxectivo promover a cociña autóctona a través dos produtos gourmet e das materias primas galegas de calidade, transformándoas en pratos tradicionais ou innovadores e que, dalgunha forma, recollan as esixencias sobre a que construíu a súa identidade o Grupo Cuevas.
Como firmes defensores da alimentación saudable e sa, Grupo Cuevas estará tamén presente na aula gastronómica que contará cunha completa axenda de shokcookings e conferencias. Nesta aula cociñarán tamén os oito finalistas do concurso gourmet, que prepararán, en directo, as receitas preseleccionadas polo xurado.
Finalmente, a entrega de premios terá lugar o domingo 5 de febreiro, durante a celebración da clausura oficial da 18.º edición de Xantar Salón Internacional de Turismo Gastronómico.
A presenza de Grupo Cuevas en Xantar forma parte dunha completa axenda de eventos que a compañía preparou para este 2017, con motivo do seu 150 aniversario.