Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

MARRON GLACÉ ESTARÁ NA 31 EDICIÓN DO SALÓN GOURMETS DE MADRID

24 Abril, 2017

Madrid converterase desde hoxe e ata o vindeiro xoves 27 de abril na capital mundial dos produtos “gourmets” coa celebración do 31 Salón de Gourmets, a feira de alimentación e bebidas de calidade máis importante que se celebra en España, que espera recibir a un total de 85.000 visitantes, cun volume de negocio xerado de 200 millóns de euros.
Un total de 1.500 expositores presentarán nesta nova edición máis de 37.500 produtos 1.200 deles novidades. Entre as diferentes propostas, a de Cuevas e Cía, que chega ao salón co noso produto máis internacional: o Marron Glacé. Salón de Gourmets conta, neste 2017, cunha ampla representación de países convidados como Indonesia, Xapón, Letonia, Reino Unido, México, Alemaña, Suecia, Colombia, Arxentina, Bélxica ou Serbia, entre outros.
Presentaranse tamén novidades entre as que destacan un paté de alcachofas, marmelada de pera con Pedro Ximenez, mel de laranxo con ouro, po de polbo, ou flocos de millo de “mojito”.
Salón de Gourmets

INFORETAIL ENTREVISTA A ARTUR YUSTE NO SEU NÚMERO DE ABRIL

19 Abril, 2017

A revista especializada en información do retail e consumo "Inforetail", acaba de lanzar o seu número de abril, no que inclúe unha entrevista en profundidade con Artur Yuste, director xeral do Grupo Cuevas.
Na devandita entrevista, Yuste destaca o especial deste 2017 no que se celebra o 150 aniversario da compañía e marca os hitos máis representativos da súa historia. Ademáis, traza as liñas estratéxicas que marcarán o crecemento e desenvolvemento do Grupo nos próximos anos.
Invitámosvos a ler a entrevista ao completo a partires da páxina 80.
Ver revista

Ver imaxe

ARTUR YUSTE EN “A REVISTA” DE TVG E “A TARDE” DE RADIO GALEGA

6 Abril, 2017

Durante a xornada de hoxe, Artur Yuste visitou as instalacións da Compañía de Radio e Televisión de Galicia en San Marcos, Santiago de Compostela. Pola mañá participou no programa "A Revista" de TVG. Laura Peña, conductora do programa, entrevistou en directo o director xeral, onde o tema principal foi a celebración, neste 2017, do noso 150 aniversario.
Durante a tarde, compartiu impresións tamén no espacio de revista e entretemento da Radio Galega, "A Tarde" que conduce Cristina García.
Ver entrevista na TVG

Escoitar entrevista en A Tarde (minuto 29:40)

ARTUR YUSTE IMPARTE UNHA MASTER CLASS EN “LA MOLINERA”

30 Marzo, 2017

Con motivo da celebración do "Demo Day" no Centro de Innovación Social Dixital La Molinera de Ourense, Artur Yuste impartiu unha master class aos participantes do primeiro coworking da EOI en colaboración coa Deputación de Ourense. Na súa exposición, o director xeral de Grupo Cuevas fizo fincapé en que "o máis importante é que, aquelo que fagamos, o fagamos con convicción".
Durante esta xornada, os emprendedores falaron da súa experiencia neste primeiro coworking e tamén expuxeron, debatiron e defenderon os seus proxectos.
Ver imaxe

GRUPO CUEVAS ACORDA COA XUNTA COMPARTIR UN PLAN ESPECÍFICO DE APOIO Á NATALIDADE

6 Marzo, 2017

O director xeral, Artur Yuste, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinaron o luns nas nosas oficinas en Ourense o convenio de adhesión do Grupo Cuevas ao programa “Tarxeta benvida”, que ofrece ás familias unha axuda de 1.200€ anuais e descontos e beneficios para os nenos durante o seu primeiro ano de vida. A rede de supermercados Aquié, Plenue e Aquí, ofrecerán un 3% de descontó a todos os titulares desta tarxeta facilitada pola Xunta, e ofrecerá a posibilidade aos novos país e nais de obter a auga gratis para o seu filla durante ese primeiro ano.
A iniciativa enmárcase nas accións anunciadas polo Grupo Cuevas para conmemorar o seu 150 aniversario, tendentes a priorizar a atención ás persoas e premiar a fidelidade das familias.
Despois da firma e de facer un percorrido polas instalacións da empresa, o conselleiro, acompañado por Artur Yuste, efectuou unha visita ao supermercado Aquié, na rúa Doctor Fleming de Ourense, para coñecer a tenda que fora distinguida no seu momento como unha das seis propostas máis innovadoras do mundo, e ver a exposición alí instalada titulada “A tenda de toda a vida”, que amosará obxectos históricos destes establecementos e que poderá ser visitada deica o 31 de marzo.
Ver imaxe