25 Maio, 2017
O Grupo Cuevas continúa a súa campaña de street márketing, iniciada en Ourense a pasada fin de semana, para dar testemuño na rúa da conmemoración do seu 150 aniversario. A proposta está pensada para proporcionar experiencias exclusivas a quen decida participar na iniciativa, ademais de posibilitar a creación dun mapa de imaxes personalizadas da celebración, co que se elaborará posteriormente un mostrario de perfís cidadáns que quedará como referencia histórica no site conmemorativo http://150aniversario.grupocuevas.com.
Nota de prensa
22 Maio, 2017
Durante a pasada fin de semana, Grupo Cuevas achegou a celebración do 150 aniversario ás rúas de Ourense. Instantáneas moi orixinais e divertidas, xunto cunha excelente dose de bo humor, foron a receita perfecta para que máis de mil Novos e Centenarios pasaran polo espazo que Grupo Cuevas instalou na rúa do Paseo. Continuamos esta fin de semana en Vigo.
Ver vídeo
18 Maio, 2017
Grupo Cuevas sae á rúa para compartir a celebración dos seus 150 anos “coas persoas”. Ofrecerá experiencias exclusivas nas cidades galegas, con fotografías en paisaxes a elixir e agasallos conmemorativos nos supermercados e cash. Comezamos este sábado en Ourense a partir das 16.00 horas xunto ao Centro Cultural Anxo Valente.
Máis información
Nota de prensa
2 Maio, 2017
As primeiras balanzas, os primeiros tíckets, os históricos surtidores para despachar aceite en medidas que ían dende un oitavo de litro, ou os libros contables escritos con pluma e tinta; son algunhas das sorprendentes pezas que se poden contemplar nos supermercados Aquié do Grupo Cuevas, e que, dende mañá, quedarán expostas no Porriño ata o 31 de maio.
28 Abril, 2017
O espazo adicado á gastronomía "Cousas de Comer" que emite Telemiño semanalmente, adicou a súa sección "La entrevista" a Grupo Cuevas.
Artur Yuste foi entrevistado por Francisco Gil, que conduce o devandito espazo, e que se interesou pola historia do Grupo Cuevas así como polo programa de actos que se está a desenvolver neste 150 aniversario.
A entrevista ao completo, a partires do minuto 14:49
Ver programa