Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

FÁLLANSE OS GAÑADORES DO CERTAME IGNACIO DE LAS CUEVAS DE CREATIVIDADE ARTÍSTICA

9 Xuño, 2017

O coruñés Fernando Fernández Páez foi designado gañador do Gran premio Ignacio de las Cuevas de creatividade artística, dotado con 5.000€, polo retrato “O instante”, unha fotografía analóxica de 1,37 x 1,10 na que mostra en branco e negro a nudez dunha muller madura. A Mención Especial Abanca Novos Talentos, dotada con 2.500 euros, foi adxudicada á ourensá Inma Vilanova, pola sorprendente fotografía titulada “Saba”, un termo traducido do xaponés que reproduce o efecto inimitable que produce a pátina do tempo nas cousas, neste caso a través dun vaso de cervexa.
As obras dos gañadores serán expostas nas principais cidades galegas, xunto a outros 34 traballos finalistas que foron destacados polo xurado de entre as 107 obras que participaron.
Membros do xurado

Nota de prensa

GRUPO CUEVAS ESTIVO EN LUGO CELEBRANDO O 150 ANIVERSARIO

5 Xuño, 2017

A pasada fin de semana, a carpa dos Novos e Centenarios de Grupo Cuevas chegou a Lugo. Instalada na rúa de San Marcos, fronte á Deputación Provincial, este espazo exclusivo recibiu a visita de máis de 1.000 persoas que non quixeron perder a ocasión de facer unha fotografía para o recordo.
En Lugo triunfaron especialmente as instantáneas con imaxes do Lugo, Ourense e Vigo antigos. Como atrezo, os obxectos favoritos foron os chapeus e os parasoles de época.
Dúas xornadas, a do sábado e o domingo, que estiveron cheas de diversión e sorrisos para conmemorar estes 150 anos.
Ver vídeo resumo

GRUPO CUEVAS CHEGA A LUGO PARA CELEBRAR OS SEUS 150 ANOS “COAS PERSOAS”

1 Xuño, 2017

O Grupo Cuevas continúa a súa campaña de street márketing, que xa estivo en Ourense e Vigo, para dar testemuño na rúa da conmemoración do seu 150 aniversario. A carpa de Grupo Cuevas chega esta fin de semana a Lugo dentro dun singular recinto creado para a ocasión, que estará situado na rúa de San Marcos, fronte á Deputación Provincial de Lugo.
Nota de prensa

OS NOVOS E CENTENARIOS DE GRUPO CUEVAS ESTIVERON EN VIGO

30 Maio, 2017

O Grupo Cuevas levou a celebración do 150 aniversario a Vigo a pasada fin de semana. Instalada na zona do porto, a carpa dotada dun fotomatón tomou as imaxes dos Novos e Centenarios desta cidade que participaron moi activamente da actividade, achegando incluso o seu propio atrezo en forma de bicicletas, centolas, globos… e non faltaron tampouco as mascotas.
Máis de 1.300 persoas decidiron acompañarnos nesta especial efeméride.
Próxima parada: Lugo, 3 e 4 de xuño.
Ver vídeo resumo

PUBLIFESTIVAL PREMIA A PELÍCULA DO 150 ANIVERSARIO DE GRUPO CUEVAS

29 Maio, 2017

A campaña que se está desenvolvendo para conmemorar o 150 aniversario de Grupo Cuevas colleitou un premio no Publifestival. Nesta ocasión, a película que nos acompaña durante todo este ano e que trata sobre “A relatividade do tempo” foi premiada na categoría de Mellor Produción en anuncio web social do Festival Internacional de Publicidade Social “Publifestival”.
A película, que está dispoñible no site que Grupo Cuevas lanzou con motivo do 150 aniversario, http://150aniversario.grupocuevas.com, foi galardoada por este festival, que constitúe hoxe en día unha referencia esencial dentro do mundo da Publicidade, converténdose nun escaparate de proxección multinacional para axencias, produtoras, empresas anunciantes, medios de comunicación e todo tipo de entidades que saben transmitir ideas e mensaxes con claros valores sociais a través de campañas e pezas de comunicación innovadoras, que sensibilizan ao público.
web publifestival

web 150 aniversario