3 Xullo, 2017
Un completo percorrido pola historia da fotografía baseado en diferentes modelos de cámaras antigas. Este é un pequeno adianto da nova exposición que percorrerá os supermercados Aquié nos próximos meses e que xa está dispoñible en Aquié Hórreo.
Cámaras de fol e placas con trípode e en formato portátil, a exitosa kodak brownie que data de 1920, as populares rolleyflex que utilizaron moitas estrelas do cinema e a música da época ou o pesada, pero precisa cámara ANACA dos estudos profesionais dos anos 50.
Se queres saber máis, só tes que achegarche ao teu Aquié habitual nas datas previstas para a súa exposición.
Aquié Hórreo: do 3 ao 27 de xullo.
Aquié Porriño: do 1 ao 29 de agosto.
Aquié Fleming: do 1 ao 28 de setembro.
Ver imaxe
Ver imaxe 2
26 Xuño, 2017
O pasado venres 23 e sábado 24, os Novos e Centenarios de Grupo Cuevas chegaron a Santiago a través dunha performance na rúa. Dous actores-promotores caracterizados como os mozos da prensa de finais do século XIX, percorreron as rúas da cidade, na contorna do supermercado Aquié, animando á xente para fotografarse con eles ao berro de “Extra!Extra! Grupo Cuevas cumpre 150 anos e busca aos Novos e Centenarios desta cidade!”.
Todos os Novos Centenarios que decidiron participar facendo unha instantánea do momento levaron un vale para trocar pola mochila do 150 aniversario xunto co xornal do día e a posibilidade de entrar no sorteo de 3 cámaras lombo instant de diferentes modelos. Dúas xornadas, a do venres e sábado, que estiveron cheas de diversión e sorrisos para conmemorar estes 150 anos.
Ver vídeo
22 Xuño, 2017
As actividades de street márketing do Grupo Cuevas chegan este venres e sábado a Santiago de Compostela a través dunha performance na rúa, protagonizada por dous actores caracterizados como os mozos da prensa de finais do século XIX. Percorrerán as rúas da cidade, na contorna do supermercado Aquié, situado na rúa República Arxentina, animando á xente para fotografarse con eles ao berro de “Extra!Extra! Grupo Cuevas cumpre 150 anos e busca aos Novos e Centenarios desta cidade!”.
Nota de prensa
19 Xuño, 2017
As salas de La Molinera, en Ourense, acollerán a partir de hoxe e ata o 3 de xullo, as dúas obras gañadoras e os 34 traballos finalistas do Concurso “Ignacio de las Cuevas” de creatividade artística, nos que se mostra unha nova reflexión e unha orixinal mirada dos autores sobre a relatividade do tempo, empregando ata 18 técnicas diferentes e a través de distintos soportes gráficos.
As obras gañadoras e finalistas comporán unha exposición itinerante, que forma parte dos actos do 150 aniversario do grupo ourensán, e que permitirá mostrar a selección en espazos urbanos das principais cidades galegas, entre xullo e setembro, pechando o percorrido novamente en Ourense.
Ver vídeo
Nota de prensa
O programa “Las Cuentas Claras” de Telemiño emitiu no seu espazo unha reportaxe dedicada á xornada especial sobre Comercio Internacional organizado pola Confederación de Empresarios de Ourense, con apoio da Deputación a través do programa ExportOU, e a colaboración da consultora ourensá Forgal.
Contou coa intervención de diferentes executivos da área de internacional de Coren, Adolfo Domínguez, Grupo Cuevas e Estrella Galicia que explicaron, dentro do proxecto ExportOU, inconvenientes e vantaxes de exportación e a importación exterior. Fixérono en presenza de empresarios e executivos interesados na internacionalización das súas empresas. A presentación correu a cargo de José Manuel Díaz Barreiros, vicepresidente da CEO.
Os relatores, ademais de contar aspectos concretos da súa experiencia profesional e a das súas respectivas empresas, abordaron os distintos aspectos aos que unha empresa ten que atender para acceder con éxito ao mercado internacional, así como os controis que haberán de superar para poder exportar a distintos países.
Maite González Estévez, xerente de Grupo Cuevas Marrón Glacé, e Mariña Domínguez Valcárcel, técnica de exportación do grupo empresarial, referíronse a un caso práctico de xestión documental no mercado latinoamericano.
Ver vídeo