Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

O SUPLEMENTO EURO ENTREVISTA A ARTUR YUSTE

13 Xullo, 2017

O suplemento EURO do diario ourensán La Región publicou o pasado domingo, na súa versión en papel, unha entrevista en profundidade con Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, na que fai un balance dos resultados económicos obtidos pola compañía no exercicio 2016 así como da situación actual do sector.
As declaracións de Yuste están xa dispoñibles no ámbito online da publicación.
Ler entrevista online

GRUPO CUEVAS PROMOVE QUE OS NENOS DOEN XOGUETES PROPIOS PARA COMPARTIR CON OUTROS

12 Xullo, 2017

Os principais supermercados do Grupo Cuevas instalaron colectores para a recollida de xoguetes, dentro da campaña “Comparte y recicla”, que promoven a nivel nacional Neox Kidz e a Fundación Crecer Jugando, coa colaboración de El Corte Inglés, Hipercor e as principais tendas de xoguetes. A campaña de recollida, que se desenvolve coa participación do Grupo Cuevas e Juguettos Ourense, estenderase ata o próximo 16 de xullo.
Ver imaxe

Máis información

O GRUPO CUEVAS FACTURA 99,8 MILLÓNS E ACADA UN RÉCORD HISTÓRICO DE VENDAS

5 Xullo, 2017

A compañía, que cumpre 150 anos no mercado, aumentou en 5,5 millóns a súa cifra de venda agregada en 2016, un 6% máis ca no exercicio anterior.
A súa fortaleza e a súa sólida posición quedan reflectidas no novo teito histórico do resultado bruto de explotación (ebitda), que volve subir a dobre díxito (16%) e acada por vez primeira os 3 millóns de euros.
Os investimentos totais creceron un 18% e superaron os 3,8 millóns o ano pasado, e as específicas do sector de alimentación disparáronse un 25%.
As subministracións de provedores galegos representan o 42% das compras totais que realiza a compañía centenaria.
A contratación indefinida e o emprego feminino gañan peso dentro do grupo.
Nota de prensa

O NENOS DAN A BENVIDA AO VERÁN NO SÚPER AQUIÉ

4 Xullo, 2017

O Concurso de Debuxo Infantil “A que sabe ou verán?”, organizado polos supermercados Aquié, chega este ano á súa 9ª edición. Este concurso, que xa é un clásico entre os máis pequenos, recolle a visión máis divertida dos nenos sobre a época máis cálida do ano. Acompañados dos seus pais e dalgúns familiares, os gañadores recolleron os seus premios e diplomas no seu supermercado habitual.
Este ano, o premio leváronllo Naia, Ignacio e Uxía – 5, 9 e 10 anos, respectivamente- de Aquié O Porriño. Recolleu o seu premio, tamén en Aquié O Porriño, Alexia, de 7 anos, que resultou gañadora do premio de redes sociais. Á entrega de premios asistiron Orlando Márquez, Concelleiro de Parques e Xardíns do Concello do Porriño; Gino Roncal, Xefe de Publicidade de Atlántico Diario; e María González Lamelas, Directora de Supermercados de Grupo Cuevas. En Aquié Hórreo, os premios foron para Noa, Martina e María de 6, 10 e 10 anos, repectivamente, que recolleron os seus premios de mans de Sandra García, profesora na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo; Palmira Roo Ceo, Subdirectora Comercial de El Correo Gallego; e María González Lamelas, Directora Liña Supermercados Grupo Cuevas. Finalmente, en Aquié Fleming resultaron gañadores David, Asier e Carla, de 9,7 e 3 anos, respectivamente, que recibiron o seu recoñecemento por parte de Belén Iglesias, Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Ourense; e José Paz, Xefe de Fotógrafos do diario La Región, como membros do Xurado; e de Marta Vázquez, do Supermercado Aquié de Fleming.
Parabén a todos os participantes!
Aquié O Porriño Premios

Premios Aquié Hórreo

Premios Aquié Fleming

AQUIÉ ESTREA UN NOVO CICLO DE EXPOSICIÓNS

3 Xullo, 2017

Un completo percorrido pola historia da fotografía baseado en diferentes modelos de cámaras antigas. Este é un pequeno adianto da nova exposición que percorrerá os supermercados Aquié nos próximos meses e que xa está dispoñible en Aquié Hórreo.
Cámaras de fol e placas con trípode e en formato portátil, a exitosa kodak brownie que data de 1920, as populares rolleyflex que utilizaron moitas estrelas do cinema e a música da época ou o pesada, pero precisa cámara ANACA dos estudos profesionais dos anos 50.
Se queres saber máis, só tes que achegarche ao teu Aquié habitual nas datas previstas para a súa exposición.
Aquié Hórreo: do 3 ao 27 de xullo.
Aquié Porriño: do 1 ao 29 de agosto.
Aquié Fleming: do 1 ao 28 de setembro.
Ver imaxe

Ver imaxe 2