26 Xaneiro, 2017
O Grupo Cuevas inaugura hoxe unha nova etapa nas redes sociais. Os perfís da rede de supermercados Aquié, pertencente ao grupo empresarial, transfórmanse para darlles espazo tamén ás marcas Plenus e Aquí. Con presenza nas plataformas facebook, twitter e google +, o novo espazo denominarase “Me gusta ir al súper” e converterase no escaparate perfecto para dar a coñecer toda a experiencia acumulada a través das tres marcas de supermercados: Aquié, Plenus e Aquí. Esta transformación vén completar a estratexia de marca que xa está de manifesto a través do espazo web dedicado aos supermercados do Grupo Cuevas baixo a dirección: www.megustairalsuper.com.
Ábrese, pois, un novo espazo de interacción onde terán cabida os diferentes conceptos de súper e cos que, día a día, se marca como obxectivo que o cliente faga súa a expresión “Me gusta ir al súper” cando visite os diferentes puntos de venda.
Con esta transformación, o Grupo Cuevas espera chegar aos clientes dos seus supermercados con presenza en redes sociais e que demandan un espazo para seguir as diferentes marcas.
facebook
twitter
google+
25 Xaneiro, 2017
Doce empresas españolas, entre as que se encontran Tous xoieiros, Solarpack, o fabricante de láminas Zanini, os produtores de aceite DCOOP, Conservas Calvo ou o grupo de loxística Disfrimur son algúns dos doce finalistas que optan ao Premio emprendedor 2016 de EY, o galardón máis prestixioso e recoñecido no ámbito internacional para recoñecer o labor de empresarios e empresas. Entre eles está nomeado tamén o ourensán Grupo Cuevas. Todos os seleccionados chegan á final nacional logo de superar unha fase previa realizada por zonas xeográficas, encadrándose a compañía ourensá na representación da zona centro (Galicia, Castela e León, Asturias, Madrid e Castela A-Mancha), cuxo resultado foi dado a coñecer o pasado 28 de novembro no transcurso dun acto celebrado en Madrid.
Ver imaxe
Ler nota de prensa
24 Xaneiro, 2017
O programa La Mañana de Cope emitiu o martes a entrevista realizada a Artur Yuste, na que falaron sobre a celebración do 150 aniversario do Grupo Cuevas durante este 2017, que estará vinculada aos ámbitos cultural, social, comercial e deportivo.
Convidámosvos a escoitala na seguinte ligazón
Escoitar entrevista
20 Xaneiro, 2017
O programa Marca España de Radio Nacional Exterior realizou unha entrevista a Maite González, xerente de Cuevas e Cía, sobre a riqueza da castaña en Ourense e a súa posterior transformación en marron glacé. Durante a entrevista, tamén se realizou un percorrido histórico desde os seus inicios, pasando pola exportación do produto fresco a América E a posterior etapa de envío de produto conxelado, ata a creación, nos anos 80, da primeira fábrica de marrón glacé en España.
O programa Marca España de Radio Nacional Exterior dá voz a todas as firmas e persoas españolas que colocan ben alto e ben lonxe o nome de España no mundo.
Escoitar a entrevista a partir do minuto 4:40.
Escoitar entrevista
16 Xaneiro, 2017
Cuevas y Cía Marron Glacé repite presenza na ISM de Colonia, a maior feira especializada do mundo en doces e aperitivos que terá lugar do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro. A ISM, que se celebra unha vez ao ano, convértese no máis grande escaparate de propostas da familia dos doces e aperitivos, así como a presentación de novos artigos para picar.
Dirixida a un público especialista, formado esencialmente por compradores por xunto, debátense as posibles aplicacións dos produtos e as perspectivas do sector.
A ISM considérase a plataforma de negocios e de comunicación máis importante do sector. Por iso, nela reúnense pequenos e grandes provedores con empresas multinacionais e investidores.
A oferta da feira complétase coa celebración de diferentes eventos e foros, como o New Product Showcase, para novos produtos; ou o Innova Market Insights, de tendencias. Ademais, desde 2014, ten lugar a entrega de premios dos ISM Awards, cos que se valoran os méritos extraordinarios da industria.
Na súa edición anterior a feira contou con máis de 37.000 visitantes e 1500 expositores.
Máis información sobre a ISM