29 Decembro, 2017
O pasado 13 de decembro tivo lugar, ante notario, o segundo e último sorteo das accións promocionais que o Grupo Cuevas desenvolveu en toda a súa rede de supermercados e cash co gallo da celebración do seu 150 aniversario. Neste sorteo coñeceuse tamén o nome do afortunado do Ford Ka+ modelo ultimate.
Para consultar a lista de gañadores, descarga o arquivo adxunto.
Ver listaxe completo
18 Decembro, 2017
O tempo é relativo.
Repetímolo moitas veces ao longo deste ano tan especial para nós.
Agora é tempo de soñar, de sorrir , de compartir.
É tempo de amizade, de ilusión.
É Nadal.
É tempo de ser feliz.
27 Novembro, 2017
O pasado 15 de novembro tivo lugar, ante notario, o primeiro sorteo das accións promocionais que o Grupo Cuevas está a desenvolver en toda a rede de supermercados e cash. Grupo Cuevas comeza a repartir os 150 carros da compra de 150 euros cada un por toda a xeografía galega.
Para consultar a lista de gañadores, descarga o arquivo adxunto.
Descarga a listaxe de gañadores
20 Novembro, 2017
Non foi o último acto previsto por Grupo Cuevas para conmemorar o seu 150 aniversario este ano, pero si o máis participativo dos convocados ata a data. Ao redor dun milleiro de persoas asistiron á gala do pasado sábado día 18, no Auditorio de Ourense, ás 20 horas, na súa maioría convidadas expresamente pola relación directa ou indirecta que manteñen coa actividade do grupo, principalmente na comunidade galega, e tamén a nivel nacional e internacional.
Alcaldes e representantes municipais das localidades galegas que contan con tendas do grupo, provedores, empregados, colaboradores e autoridades conformaron a maior parte da relación de asistentes, aos que se sumou tamén unha representación de clientes do Grupo.
Destacados representantes da actividade cultural, económica, social, empresarial e política puideron ser vistos na gala, do mesmo xeito que as principais autoridades galegas e ourensás, encabezadas polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad.
Unha celebración que durante unha hora e media contou cun variado programa no que se mesturaron música, arte, recoñecementos, imaxes e discursos, así como un orixinal percorrido sonoro polos principais fitos do Grupo durante o último século e medio.
A gala foi conducida por unha brillante Luján Argüelles, premiada coa Antena de Ouro á mellor presentadora en 2009, e actualmente un dos rostros máis coñecidos da televisión por presentar en Cuatro o programa ““¿Quién quiere casarse con mi hijo?”.
Á conclusión, os asistentes gozaron dun espazo de degustación, no que se probaron elaboracións gastronómicas de profesionais seleccionados expresamente para a extraordinaria ocasión pola calidade das súas propostas culinarias.
Todos os asistentes levaron como lembranza un obsequio composto polo delicioso marron glacé e o catálogo resumo das obras participantes no I Concurso Ignacio de las Cuevas de Creatividade Artística.
13 Novembro, 2017
2017 foi, sen dúbida, o ano do Grupo Cuevas. E foino por moitos motivos. Porque só un puñado de empresas neste país sopraron as 150 velas e da forma que Cuevas o fixo este ano. Hoxe, o diario La Región publica nas súas páxinas un especial dedicado á efeméride.
Descargar o suplemento completo