1 Febreiro, 2016
O Inorde, presente un ano máis en Xantar, ten como obxectivo promocionar os produtos Ourensáns. Nesta edición, conta coa colaboración de tres empresas líderes na súa actividade e no sector agroalimentario: Coren, Cuevas e Cooperativa do Ribeiro Viña Costeira. Esta colaboración, demostra que sumando sinerxias público-privadas conséguense fitos que dificilmente se alcanzarían a nivel individual.
No Restaurante Inorde-Coren, créase unha cociña tradicional, baseada no “produto km 0”. Os asistentes poderán degustar a gama selecta de Coren (porcos criados con castañas) así como diversos derivados das castañas Cuevas e un viño da Cooperatia do Ribeiro.
Ver imaxe presentación
Ver menú
28 Xaneiro, 2016
As parellas deben andar xuntas e en Aquié sabemos como conseguilo… Ata o 13 de febreiro os nosos establecementos levan a cabo unha curiosa campaña de San Valentín e sortean unha espectacular bicicleta tándem.
Para poder participar, debes escribir unha gabanza, a máis bonita, a máis graciosa ou a máis simpática que se che ocorra e depositala na urna. Por cada compra que realices utilizando a túa tarxeta cliente, recibirás un boleto. O sorteo realizarase entre todos os cupóns recibidos.
Paralelamente, se nos segues en Facebook (Aquí-é), tamén podes participar noutra promoción de San Valentín e conseguir unha cesta de froitas. Sorteámola entre as 5 gabanzas máis votadas.
Anímate a participar!
Ver imaxe da campaña
Facebook
25 Xaneiro, 2016
Do 31.01.16 al 03.02.16 Cuevas e Cía Marron Glacé participa en ISM en Colonia (Alemaña).
ISM é a feira de doces e pastelería máis grande e importante a nivel mundial, que presenta todas as innovacións e artigos de tempada. ISM cobre toda a gama de confeitería en todos os seus sectores: chocolate, azucre de confeitería, pastelería, lambetadas, xeados e materiais en cru.
A feira está aberta só para especialistas e está dirixida a representantes de empresas almacenista e comerciante polo miúdo dos seguintes sectores: doces, alimentos, produtos biolóxicos, droguería, cafetería, pastelería e panadería, entre outros.
Ven a visitarnos, estamos no Hall 11.1 – Stand G012a
Grupo Cuevas convértese un ano máis en patrocinador/partner do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará do 3 ao 7 de febreiro en Expourense.
Saber máis sobre a feira
O lema deste ano será: “Políticas públicas nun contexto descentralizado”.
O evento terá lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense os días 4 e 5 de febreiro de 2016 organizado polo grupo XENE da Universidade de Vigo.
Ampliar información