Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

O GRUPO CUEVAS ACELERA A SÚA EXPANSIÓN POR GALICIA CUN NOVO SUPERMERCADO PLENUS, NA RÚA

1 Decembro, 2016

É a segunda apertura en pouco máis dun mes e terá unha superficie de 655 metros cadrados e creará dez empregos. Apenas un mes despois de abrir un establecemento baixo a marca Plenus na cidade de Lugo, o Grupo Cuevas abrirá unha nova tenda con este formato nunha céntrica rúa da Rúa, cunha superficie total de 655 metros cadrados e a creación de dez empregos. Con esta nova apertura, Cuevas intensifica o seu interese polo oriente ourensán, e duplica a rede deste tipo de centros en Galicia en pouco máis de dous anos e medio, co que alcanza xa os nove supermercados e unha superficie conxunta que se achega aos 5.000 metros cadrados repartidos entre Ourense, Lugo e Pontevedra. No caso de Ourense, será o primeiro das súas características na provincia, xa que os dous agora existentes están situados en diferentes rúas da cidade.
A marca Plenus foi creada en 2011 mediante un formato novo en España, cun concepto pensado para tendas de proximidade, tanto para pequenas como medianas poboacións, centrado en lograr unha importante redución de custos sen afectar a máxima calidade dos produtos, e cunha decidida aposta pola sección de frescos e os produtos galegos, así como unha oferta capaz de combinar primeiras marcas e prezos moi competitivos, con aproximadamente 3.000 referencias.
Con esta apertura na Rúa, Cuevas intensifica a expansión da súa oferta de marcas propias e acelera o crecemento da rede comercial da compañía no segmento polo miúdo, que se completa coas tendas Aquí e Aquié, e a insignia Cuevas-Spar que podería pechar este ano 2016 con preto dunha trintena de tendas abertas por toda a comunidade en apenas ano e medio (catro delas no oriente ourensán: Viana do Bolo, Manzaneda, Chandrexa e O Bolo), cumprindo así a previsión de 150 aperturas no próximos oito anos, o que consolida a evolución de Cuevas como o grupo de alimentación de máis rápido crecemento en Galicia.
Se se inclúe a distribución almacenista a través dos Cash&Carry, que aumentaron a súa superficie nun 52 % desde a chegada de Artur Yuste á dirección xeral, en 2010, a superficie de venda do Grupo Cuevas en Galicia a través dos distintos formatos achégase aos 35.000 metros cadrados, un 36 % na provincia de Ourense (seguida de Pontevedra, A Coruña e Lugo, por orde de de presenza), aínda que o plan de negocio e unha decidida aposta investidora prevé novas aperturas que permitirán alcanzar o 37.000 metros cadrados no curto prazo.
O Grupo Cuevas, que presentou recentemente os actos do seu 150 aniversario que levarán a cabo en 2017, superou en 2015 a barreira dos 500 empregos directos e máis de 200 indirectos, cunha cifra de negocio por encima dos 90 millóns de euros e un incremento do 52 % do resultado bruto de explotación (ebitda).
Ver imaxe