Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS PATROCINADOR OFICIAL DO DOCUMENTAL “MÁIS CA VIDA”

22 Febreiro, 2016

Un ano de ensaios co director do proxecto VIDA Rubén Riós, ao carón dun colectivo de persoas con capacidades diferentes e con infinitas ganas de amosar ao mundo do que son capaces, foi o detonante para levar a cabo a realización de dúas grandes obras audiovisuais tomando como base o espírito de unión e o traballo en equipo.
“Máis ca Vida” é un documental que recolle os testemuños reais do día a día do mundo que rodea a estas persoas. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse de cara á rodaxe en ligazón aos seus medos, alegrías, interrogantes, dificultades, fatigas… aos seus sentimentos.
A obra de ficción “Vida”, unha mistura de arte, entretemento e comunicación, convértese na primeira experiencia audiovisual deste grupo, que entrelazadas a un reparto artístico de primeira categoría como os recoñecidos actores Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luis Iglesia entre outros, trasladarán ao espectador dunha maneira lúdica e enteiramente positiva e realista, as diferenzas sociais existentes invitando ao público á reflexión.
A obra estrearase o próximo 25 de febreiro no Autidorio Municipal de Ourense e estará en carteleira 3 fins de semana podéndose comprar as entradas en www.ataquilla.com
Grupo Cuevas, no seu compromiso coa cultura galega, é patrocinador da obra. Os nosos supermercados de Ourense (Aquié, Aquí e Plenus) sortearán en cada tenda unha entrada dobre para a sesión do día 11 de marzo.
Saber máis

GRUPO CUEVAS COLABORA CO RESTAURANTE DO INORDE EN XANTAR

1 Febreiro, 2016

O Inorde, presente un ano máis en Xantar, ten como obxectivo promocionar os produtos Ourensáns. Nesta edición, conta coa colaboración de tres empresas líderes na súa actividade e no sector agroalimentario: Coren, Cuevas e Cooperativa do Ribeiro Viña Costeira. Esta colaboración, demostra que sumando sinerxias público-privadas conséguense fitos que dificilmente se alcanzarían a nivel individual.
No Restaurante Inorde-Coren, créase unha cociña tradicional, baseada no “produto km 0”. Os asistentes poderán degustar a gama selecta de Coren (porcos criados con castañas) así como diversos derivados das castañas Cuevas e un viño da Cooperatia do Ribeiro.
Ver imaxe presentación

Ver menú