Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Caldeirada de melva

15 Xullo, 2015

Caldeirada de melva

Caldeirada de melva

Información nutricional:

Kcal: 527,3
Proteínas: 25,7%
Hidratos de carbono: 23,4%
Lípidos: 50,9%

Ingredientes

  • 200 g melva
  • 1 (100g) pataca
  • 40 g pemento vermello
  • 40 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 2 dentes (10g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o peixe en tranchas. Nunha cacerola refogar en aceite os pementos e cebola. Engadir as patacas en rebandas e cubrir con auga. Aos 10min poñer os chícharos e o peixe deixando cocer 10 min máis. Escorrer o auga sobrante e servir cun pouco de allada por enriba.

Vantaxes:
A melva é un peixe azul. Como tal é un alimento cun elevado valor nutricional, debido ó seu contido en proteínas de alto valor biolóxico, aporte vitamínico e o seu contido en ácidos graxos insaturados omega-3, que preveñen das enfermidades cardiovasculares e cancro.

Tenreira asada ao viño tinto

Tenreira asada ao viño tinto

Tenreira asada ao viño tinto

Información nutricional:

Kcal: 535,1
Proteínas: 35,4%
Hidratos de carbono: 25,3%
Lípidos: 39,3%

Ingredientes

  • 150 g tenreira tapa
  • 100 mL viño tinto
  • 100 mL caldo carne
  • 50 g arroz
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa negra en gran
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a tenreira en anacos grandes, dourar nunha pota. Engadir o viño tinto ata reducir o alcohol. Ligar con fariña e engadir o caldo de carne. Introducir ao forno ata completar a súa cocción. Acompañar de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Patacas castelás

Patacas castelás

Patacas castelás

Información nutricional:

Kcal: 314,6
Proteínas: 17,5%
Hidratos de carbono: 55%
Lípidos:27,5%

Ingredientes

  • 200 g pataca
  • 100 mL caldo carne
  • 30 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha tixola refogar a cebola picada fina co allo picado, ata que empeza a dourarse. Engadir as patacas peladas e cortadas en dados grosos e refogar uns minutos. Cubrir co pementón e remover uns minutos. Engadir a fariña, removendo brevemente ata que comece a dourarse. Verter o caldo ou auga, ata cubrir as patacas, engadir unha folla de loureiro e salpementar. Deixar cocer a lume lento uns 20-30 minutos, ou ata que as patacas queden moi tenras.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.

Polo asado con piña

Polo asado con piña

Polo asado con piña

Información nutricional:

Kcal: 456,8
Proteínas: 39,7%
Hidratos de carbono: 32,1%
Lípidos: 28,2%

Ingredientes

  • 150 g polo enteiro
  • 100 g piña natural
  • 50 g puré pataca
  • 50 mL caldo polo
  • 50 mL zume piña
  • 40 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Trocear o polo, dourar nunha cazola cun pouco de aceite de oliva, engadir a cebola picada, o allo machacado e sal ao gusto. Cubrir con zumo de piña e caldo de polo, ferver ata que espese a salsa e o polo estea cociñado. Acompañar dunha rebanda de piña á prancha e puré de pataca.

Vantaxes:
A carne de polo contén aminoácidos esenciais de fácil asimilación, e polo tanto é unha boa fonte de vitaminas. O seu baixo contido en graxas fai que o aporte calórico non sexa elevado. Contén vitaminas do grupo B, como niacina, piridoxina, riboflavina, tiamina e ácido fólico. Ademais é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.

Filete de fletán con salsa lixeira de laranxa

Filete de fletán con salsa lixeira de laranxa

Filete de fletán con salsa lixeira de laranxa

Información nutricional:

Kcal: 383,4
Proteínas: 36,6%
Hidratos de carbono: 33,4%
Lípidos: 30,0%

Ingredientes

  • 150 g filete fletán
  • 1 (100g) pataca
  • 50 mL zume laranxa
  • 40 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • ceboliño
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar o peixe e filetear. Cociñalo á prancha. Reservar. Refogar no aceite o allo e a cebola picados, ligar con fariña e mollar co zume de laranxa, cociñar ata que espese a salsa. Triturar e salpementar. Acompañar de pataca fervida.

Vantaxes:
O fletán ou halibut é un peixe branco e sen espiñas, adecuado para dietas baixas en calorías polo seu pobre contido en graxas. Este peixe presenta unha cantidade notable de proteínas de boa calidade e vitaminas do grupo B. O fletán contén tamén vitamina E, cunha importante acción antioxidante. A cantidade desta vitamina no halibut é superior á da maior parte dos peixes brancos. En canto aos minerais destacan o potasio, o magnesio, o fósforo e o iodo.