Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Ensalada de pementos asados

15 Xullo, 2015

Ensalada de pementos asados

Ensalada de pementos asados

Información nutricional:

Kcal: 160,0
Proteínas: 16,1%
Hidratos de carbono: 39,2%
Lípidos: 44,7%

Ingredientes

  • 250 g pemento vermello
  • 60 g cebola
  • 20 g anchoas
  • 5 mL vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Asar os pementos e as cebolas no forno durante 30-40 minutos. Sacalos e deixalos "suar" nun recipiente tapado. Cando estean fríos, coar o mollo que soltaron e reservalo. Pelalos e quitarlles as sementes. Cortar en tiras os pementos e trocear as cebolas. Dispoñelos nunha ensaladera, incorporar as anchoas, engadir o mollo reservado e aderezar co sal, o vinagre de Xerez e o aceite de oliva.

Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.

Xurelo en mollo verde

Xurelo en mollo verde

Xurelo en mollo verde

Información nutricional:

Kcal: 436,8
Proteínas: 24,0%
Hidratos de carbono: 24,6%
Lípidos: 51,4%

Ingredientes

  • 150 g xurelo
  • 1 (100g) pataca
  • 2 dentes (10g) allo
  • 10 g ceboliño
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Limpar e filetear o peixe.Triturar na batidora o allo, o perexil e o ceboliño xunto co aceite de oliva. Facer o peixe á prancha, cubrilo coa salsa e acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
O xurelo clasifícase como peixe azul debido o seu contido en lípidos. Na súa composición destacan minerais como ferro, iodo e magnesio, e vitamina D que intervén na absorción e utilización de calcio e fósforo, e cobalamina que participa na maduración dos glóbulos vermellos e favorece a absorción de ferro.

Froita fresca (melón)

Froita fresca (melón)

Froita fresca (melón)

Información nutricional:

Kcal: 45
Proteínas: 8,3%
Hidratos de carbono: 89,0%
Lípidos: 2,7%

Ingredientes

  • 150 g melón

Instruccións

Pelar e servir.

Vantaxes:
O melón está composto nun 80% de auga, e as poucas calorías que aporta son debidas ao seu contido moderado en hidratos de carbono. Esta froita presenta minerais como potasio, magnesio e calcio. E aporta vitaminas como a vitamina C con elevada acción antioxidante e betacarotenos que o organismo transforma en vitamina A, vitamina esencial para a visión, o bo estado da pel, o cabelo, as mucosas, os ósos e para o bo funcionamento do sistema inmunolóxico.

Froita fresca (pexego)

Froita fresca (pexego)

Froita fresca (pexego)

Información nutricional:

Kcal: 55,5
Proteínas: 6,2%
Hidratos de carbono: 93,8%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 150 g melocotón

Instruccións

Lavar e servir.

Vantaxes:
O pexego non é das froitas que máis hidratos de carbono e enerxía aportan. Destaca a súa gran porcentaxe de fibra, que mellora o tránsito intestinal. Proporciona minerais como potasio e magnesio. A cantidade de carotenos é máis alta que a doutras froitas, conferíndolle parte das súas propiedades dietoterapéuticas.

Cuscús con gambas e mexillóns

Cuscús con gambas e mexillóns

Cuscús con gambas e mexillóns

Información nutricional:

Kcal: 262,2
Proteínas: 23,9%
Hidratos de carbono: 52,1%
Lípidos: 24%

Ingredientes

  • 50 g cuscús
  • 30 g mexillóns
  • 25 g gambas
  • 25 g cebola
  • 20 g cabaciño
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g pemento verde
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Ferver o cuscús o tempo que nos indique o fabricante. Nunha tixola refogar as verduras por orde de cocción, engadir as gambas e os mexillóns. Mesturar co cuscús.

Vantaxes:
O cuscús elabórase a partir de sémola de trigo e polo tanto presenta as mesmas características que as pastas alimenticias. As principais características da pasta son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (almidón) e en proteínas (gluten), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cocinar.