Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Froita fresca (nectarina)

15 Xullo, 2015

Froita fresca (nectarina)

Froita fresca (nectarina)

Información nutricional:

Kcal: 73,5
Proteínas: 6,9%
Hidratos de carbono: 91,4%
Lípidos: 1,7%

Ingredientes

  • 150 g nectarina

Instruccións

Lavar e servir.

Vantaxes:
A diferencia máis visual entre melocotón e nectarina é que esta última ten a pel lisa e de cor avermellada, e unha carne máis branda e doce. En canto ao seu valor nutricional, a nectarina é rica en vitamina A (betacarotenos), vitamina C e potasio, con propiedades diuréticas. Aconséllase en dietas baixas en graxas debido ao seu baixo aporte calórico e ao seu elevado contido en auga. Contén pectina (fibra soluble), con excelentes propiedades laxantes. E magnesio que lle confire propiedades sedantes.

Salpicón

Salpicón

Salpicón

Información nutricional:

Kcal: 368,2
Proteínas: 35,1%
Hidratos de carbono: 4,9%
Lípidos: 59,9%

Ingredientes

  • 100 g melva
  • 35 g mexillón
  • 45 g lagostino
  • 30 g cebola
  • 30 g ovo
  • 50 mL vinagre
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g pemento verde
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar en dados a melva e reservar. Picar os pementos, a cebola e o ovo cocido e introducilos nun bol. Cocer a melva e os lagostinos e engadilos ao bol cos ingredientes picados. Aliñar con aceite de oliva e vinagre ao gusto.

Vantaxes:
O ingrediente principal do salpicón é a melva. Este peixe pertence ao grupo dos clasificados como peixes azuis. Como tal é un alimento cun elevado valor nutricional, debido ó seu contido en proteínas de alto valor biolóxico, aporte vitamínico e o seu contido en ácidos graxos insaturados omega-3, que preveñen das enfermidades cardiovasculares e cancro.

Zanco de polo ao Xerez

Zanco de polo ao Xerez

Zanco de polo ao Xerez

Información nutricional:

Kcal: 355,7
Proteínas: 41,1%
Hidratos de carbono: 33%
Lípidos: 25,9%

Ingredientes

  • 150 g zanco polo
  • 1 (100g) pataca
  • 40 g cebola
  • 30 g pemento vermello
  • 15 mL viño xerez
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • tomiño
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Dourar o polo en aceite. Retirar e engadir as verduras cortadas en dados, regar co xerez, cociñar ata evaporar o alcohol. Ligar coa fariña, engadir o caldo e remover con variña. Introducir o polo e ferver ata cociñalo. Acompañar de patacas fritas.

Vantaxes:
A carne de polo contén aminoácidos esenciais de fácil asimilación, e polo tanto é unha boa fonte de vitaminas. O seu baixo contido en graxas fai que o aporte calórico non sexa elevado. Contén vitaminas do grupo B, como niacina, piridoxina, riboflavina, tiamina e ácido fólico. Ademais é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.

Tenreira asada

Tenreira asada

Tenreira asada

Información nutricional:

Kcal: 534,3
Proteínas: 25,6%
Hidratos de carbono: 28,4%
Lípidos: 46,0%

Ingredientes

  • 150 g tenreira guisar
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL caldo carne
  • 50 g cenoria
  • 40 g porro
  • 40 g cebola
  • 40 g pemento vermello
  • 30 g salsa tomate
  • 30 mL viño branco
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Más de 1 hora minutos

Cortamos as hortalizas en dados grandes e colocamos na placa de forno con aceite, dispoñemos a carne enriba, previamente salpementada e introducimos ao forno a 170º, á metade de cocción regamos con viño branco, fornear aproximadamente 1 hora. Para a elaboración das patacas: facer unhas patacas fervidas en caldo de carne, salsa de tomate e un pouco de colorante para obter a cor amarela.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Tallaríns con salsa mariñeira

Tallaríns con salsa mariñeira

Tallaríns con salsa mariñeira

Información nutricional:

Kcal: 281,9
Proteínas: 28,4%
Hidratos de carbono: 48,3%
Lípidos: 23,3%

Ingredientes

  • 80 g pasta (tallaríns)
  • 100 mL caldo peixe
  • 10 g cebola
  • 10 g fariña
  • 15 g salsa tomate
  • 1 dente (5g) allo
  • colorante alimentario
  • perexil
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Ferver a pasta segundo o tempo que indique o fabricante, escorrer e refrescar. Nunha pota, rustrir no aceite o allo picado e a cebola cunha folla de loureiro, engadir a fariña e o caldo coloreado, a salsa de tomate, salpementar e cubrir con perexil.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.