Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Escalope de tenreira ao Ribeira Sacra

15 Xullo, 2015

Escalope de tenreira ao Ribeira Sacra

Escalope de tenreira ao Ribeira Sacra

Información nutricional:

Kcal: 473,6
Proteínas: 31,1%
Hidratos de carbono: 22,4%
Lípidos: 46,5%

Ingredientes

  • 150 g tenreira tapa
  • 100 mL viño tinto
  • 50 g arroz
  • 30 g cebola
  • 25 g cenoria
  • 10 g ovo
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar os filetes, salpementar e marcar á prancha. Para a salsa: cortar a cebola e a cenoria en tiras refogar no aceite, mollar co viño e evaporar o alcohol, ligar con fariña, engadir o caldo de carne. Acompañar de arroz.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Coca de verduras

Coca de verduras

Coca de verduras

Información nutricional:

Kcal: 426,4
Proteínas: 14,7%
Hidratos de carbono: 62,2%
Lípidos: 23,1%

Ingredientes

  • 20 mL leite desnatado
  • 80 g fariña
  • 20 mL auga
  • 3 g fermento químico
  • 5 g manteiga
  • 20 g cebola
  • 50 g cabaciño
  • 100 g espinacas
  • 30 g pemento vermello
  • 20 g salsa tomate
  • 30 g pemento verde
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Facer unha masa clásica cos primeiros 6 ingredientes procurando que non quede dura porque é difícil de estirar nin demasiado branda porque se rompería. Deixar fermentar 30-45 min. dependendo da temperatura. Cortar as verduras en dados non moi pequenos e refogar en aceite e finalizar coa salsa de tomate. Ferver as espinacas e reservar. Estirar a masa cun pouco de fariña para que non se pegue. Untar unha placa de forno con aceite e colocar a masa, pinchar cun tenedor e dar un golpe de forno a 180ºC. Sacala e pintar con aceite. Dispoñer as espinacas e o preparado de verduras enriba e acabar de fornear.

Vantaxes:
O ingrediente principal deste plato son as espinacas. As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.

Peituga de pavo con piñóns

Peituga de pavo con piñóns

Peituga de pavo con piñóns

Información nutricional:

Kcal: 547,9
Proteínas: 39%
Hidratos de carbono: 18%
Lípidos: 43%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 100 mL caldo polo
  • 50 g puré pataca
  • 60 mL viño Xerez
  • 50 g feixón verde
  • 40 g cebola
  • 15 g piñóns
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a peituga de pavo en dados non moi pequenos, dourar no aceite reservar. Pochar o allo e a cebola picados regar co viño de xerez e evaporar, introducir a metade dos piñóns machacados en mortero. Terminar co caldo de polo e introducir o pavo e o resto de piñóns. Acompañar de feixóns fervidos e puré de pataca.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.

Ensalada de garavanzos

Ensalada de garavanzos

Ensalada de garavanzos

Información nutricional:

Kcal: 307
Proteínas: 21,3%
Hidratos de carbono: 39,4%
Lípidos: 39,2%

Ingredientes

  • 40 g garavanzos
  • 60 g ovo
  • 40 g cenoria
  • 40 g feixón verde
  • 25 g millo
  • 5 mL vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Colocar os garavanzos unha vez cocidos e escorridos nunha ensaladeira. Trocear o ovo, os feixóns e relar a cenoria. Engadir estes ingredientes aos garavanzos xunto co millo e aliñar ao gusto.

Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.

Ensaladilla rusa

Ensaladilla rusa

Ensaladilla rusa

Información nutricional:

Kcal: 376,7
Proteínas: 14,7%
Hidratos de carbono: 33,7%
Lípidos: 51,6%

Ingredientes

  • 140 g bese conxelada ensaladilla
  • 40 g maionesa
  • 35 g atún conserva
  • 30 g feixón verde
  • 40 g chícharos

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar todos os ingredientes en dados do mesmo grosor, cocelos por separado segundo orde de dureza e mesturar todo. Engadir o atun e aliñar ao gusto, mesturar todo coa maionesa.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora. Ademais este prato contén chícharos e feixóns verdes, os cales presentan substancias moi beneficiosas para a saúde, tales como a vitamina C e a fibra.