Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Crema de cenoria e espárragos

15 Xullo, 2015

Crema de cenoria e espárragos

Crema de cenoria e espárragos

Ingredientes

  • 80 g cenoria
  • 80 g pataca
  • 100 g espárrago branco
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • 100 mL caldo verduras
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Picar a cenoria e refogala no aceite, engadir a pataca laminada e cubrir co caldo. Unha vez cocido introducir os espárragos e rematar.

Vantaxes:
A cenoria é un alimento excelente dende o punto de vista nutricional grazas ó seu contido en vitaminas e en sales minerais. Pero o gran atractivo das cenorias débese á presenza do beta-caroteno ou provitamina A, pigmento natural que o organismo transforma en vitamina A segundo o necesita. Isto, xunto coa seu aporte en vitamina E, fai desta hortaliza unha fonte natural de antioxidantes. Ademais a cenoria presenta propiedades beneficiosas para a visión, o bo estado da pel, dos dentes e das enxiras.

Polo guisado con patacas

Polo guisado con patacas

Polo guisado con patacas

Información nutricional:

Kcal: 457,1
Proteínas: 34,2%
Hidratos de carbono: 36,5%
Lípidos: 29,3%

Ingredientes

  • 150 g xamonciños polo
  • 1 (100g) pataca
  • 100 g salsa tomate
  • 60 g pemento vermello
  • 60 g cebola
  • 60 g cenoria
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar as verduras en dados non moi pequenos. Refogar segundo orde de dureza. Engadir o polo, cubrir co caldo e salsa de tomate. Antes de finalizar a cocción engadir a pataca cortada en dados.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou ácido fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.

Filete de fletán ao forno con brócoli

Filete de fletán ao forno con brócoli

Filete de fletán ao forno con brócoli

Información nutricional:

Kcal: 371,6
Proteínas: 42%
Hidratos de carbono: 23.9%
Lípidos: 34,0%

Ingredientes

  • 150 g filete fletán
  • 60 g brócoli
  • 80 g pataca
  • 50 mL viño branco
  • 30 g cebola
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g pemento verde
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o peixe e filetearlo. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras cortadas en tiras e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva deixar e 5 minutos máis. Retirar do forno. Servir acompañado de brócoli cocido a aprte. Decorar con perexil.

Vantaxes:
O fletán ou halibut é un peixe branco e sen espiñas, adecuado para dietas baixas en calorías polo seu pobre contido en graxas. Este peixe presenta unha cantidade notable de proteínas de boa calidade e vitaminas do grupo B. O fletán contén tamén vitamina E, cunha importante acción antioxidante. A cantidade desta vitamina no halibut é superior á da maior parte dos peixes brancos. En canto aos minerais destacan o potasio, o magnesio, o fósforo e o iodo.

Alcachofas refogadas con tomate

Alcachofas refogadas con tomate

Alcachofas refogadas con tomate

Información nutricional:

Kcal: 272,2
Proteínas: 10,5%
Hidratos de carbono: 26,3%
Lípidos: 63,2%

Ingredientes

  • 150 g alcachofas
  • 75 g salsa tomate
  • 15 g bacon
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as alcachofas en auga con sal. Cortar o bacon en tiras non moi finas refogar no aceite e engadir a salsa de tomate. Cortar as alcachofas á metade e mesturar.

Vantaxes:
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes desta hortaliza. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esteroles, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.

Filete de porco en salsa de champiñóns

Filete de porco en salsa de champiñóns

Filete de porco en salsa de champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 378,3
Proteínas: 29,7%
Hidratos de carbono: 24,7%
Lípidos: 45,6%

Ingredientes

  • 120 g lombo porco
  • 50 g pemento vermello
  • 50 g pemento verde
  • 50 g arroz
  • 40 g cebola
  • 40 g champiñón entero
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • romero
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar o lombo en filetes, salpementar e facer á prancha. Refogar no aceite allo, cebola e os pementos picados, cubrir co caldo e deixar reducir, introducir os champiñóns e reservar. Acompañar de arroz fervido.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.