Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Ensalada de tomate

15 Xullo, 2015

Ensalada de tomate

Ensalada de tomate

Información nutricional:

Kcal: 328,9
Proteínas: 19,1%
Hidratos de carbono: 7,0%
Lípidos: 73,9%

Ingredientes

  • 150 g tomate
  • 50 g queixo cebreiro
  • 20 g cebola
  • 20 g olivas negras
  • 10 g anchoas
  • 5 mL vinagre módena
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 5 a 10 minutos

Lavar e cortar o tomate en dados. Cortar a cebola finamente en rebandas, o queixo en dados e as anchoas en tiras. Mesturar tódolos ingredientes e condimentar con aceite e vinagre. Ter coidado coa sal polas anchoas.

Vantaxes:
O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Inconvenientes:
Este prato contén un elevado aporte lipídico, debido á cantidade de queixo, anchoas e olivas empregadas.

Guiso de patacas con bacallau

Guiso de patacas con bacallau

Guiso de patacas con bacallau

Información nutricional:

Kcal: 394,3
Proteínas: 64,7%
Hidratos de carbono: 27,9%
Lípidos: 7,4%

Ingredientes

  • 120 g bacallau desalgado
  • 1 (100g) pataca
  • 1 vaso (200mL) caldo peixe
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • pementón doce
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar en aceite o allo picado, a cebola e o pemento vermello en dados. Engadir a pementa doce e a pataca rota, e mollar co caldo de peixe. Engadir os chícharos e deixar cocer ata que a pataca estea case cocida. Engadir o bacallau desalgado e cortado en dados. Deixar cocer 5 min. máis e retirar. Cubrir con perexil.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. O bacallau é un peixe branco, polo tanto, posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais. O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pón a remollo, esta cantidade diminúe considerablemente, polo que, as persoas que padezan hipertensón ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.

Inconvenientes:
A pesar do contido en vitamina C da pataca, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.

Xelatina de uva

Xelatina de uva

Xelatina de uva

Información nutricional:

Kcal: 186,9
Proteínas: 2,1%
Hidratos de carbono:97,9%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 1 vaso (200 mL) mosto
  • 10 g azucre
  • 8 g xelatina neutra

Instruccións

Tempo preparación: De 10 a 15 minutos

Remollar as follas de xelatina en auga fría e escorrer. Quentar lixeiramente un pouco de zume e agregar as follas de xelatina. Remover ata disolver e engadir azucre. Mesturar co resto do zume e poñer nun molde. Para desmoldar introducir o molde en auga quente uns segundos e darlle a volta.

Vantaxes:
Un 80% das uvas é auga, e entre un 15 e un 25% son azucres (glucosa e fructosa). Contén vitaminas do grupo B, A e C, e minerais (potasio, calcio, magnesio, fosfato sódico, iodo e ferro). Unha das grandes vantaxes das uvas é a súa propiedade depurativa e laxante, debidas principalmente ó seu contido en pectina, remineralizantes e alcalinizantes. A súa pel contén taninos, ácidos libres, minerais, fermentos e celulosa, útiles para o funcionamento intestinal. Numerosos estudos demostran á existencia de substancias protectoras nas uvas, capaces de protexer o organismo fronte enfermidades cardiovasculares, cancro, e enfermidades relacionadas co envellecemento celular. A xelatina é coláxeno hidrolizado, a proteína que forma os tendóns, tecidos cartilaxenosos, ósos e tecidos conectores. Este alimento contribúe á mellora na hidratación en nenos e en adultos. Presenta un baixo contido en azucres e colesterol, e non presenta materia graxa, polo que diminúe o risco de obesidade infantil.

Farfalle hortelana

Farfalle hortelana

Farfalle hortelana

Información nutricional:

Kcal: 200,7
Proteínas: 7,6%
Hidratos de carbono: 47,9%
Lípidos: 44,5%

Ingredientes

  • 70 g farfalle
  • 70 g cabaciño
  • 50 g cenoria
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 1 cullerada aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta "al dente" segundo o tempo que indique o fabricante. Escorrer e refrescar con auga fría. Cortar as hortalizas en xuliana (tiras finas) e refogalas en aceite. Engadir a pasta, poñer a punto de sal e pementa ó gusto.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. A combinación de pemento vermello, cenoria, cebola e cabaciño aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.

Mousse lixeira de queixo

Mousse lixeira de queixo

Mousse lixeira de queixo

Información nutricional:

Kcal: 189,1
Proteínas: 27,5%
Hidratos de carbono: 30,1%
Lípidos: 42,5%

Ingredientes

  • 40 g queixo cremoso
  • 3 g xelatina neutra
  • 60 g iogur natural desnatado
  • 30 g clara de ovo
  • 10 g azucre

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Mesturar en frío queixo co iogur. Á parte quentar ó baño maría a clara coa xelatina en po. Engadir o azucre para disolvelo. Bater a punto de neve fóra da calor. Mesturar suavemente co iogur e queixo. Decorar con froitos vermellos ou marmelada de fresa.

Vantaxes:
Esta sobremesa contén iogur. A inxestión de iogur presenta numerosas vantaxes, por isto debe ser incluído na nosa dieta diaria. Os principais beneficios derivados do consumo do iogur son que prevén trastornos intestinais, principalmente diarreas, e prevén a entrada de microorganismos patóxenos no intestino. Estes beneficios son debidos á presenza de certos microorganismos que favorecen o crecemento de flora beneficiosa e así diminúen o crecemento de flora microbiana alterante. Presenta, tamén, un efecto inmunomodulador, é dicir, favorece a estimulación do sistema inmune. Ademais, é un produto facilmente dixerible, polo que está indicado en dietas convalecentes. Debido á súa riqueza en ácido láctico, permite a secreción de encimas e mollos gastrointestinais, favorecendo a dixestión.