Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Raxo con pementos

15 Xullo, 2015

Raxo con pementos

Raxo con pementos

Información nutricional:

Kcal: 353,2
Proteínas: 37,6%
Hidratos de carbono: 22,0%
Lípidos: 40,3%

Ingredientes

  • 150 g lombo porco
  • 80 g pataca
  • 80 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar o lombo en dados e salpementar. Laminar o allo, refogar en aceite e engadir a carne ata dourar. Cortar os pementos en tiras e a pataca en dados e fritilos separadamente.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.

Tallaríns con mexillóns e gambas

Tallaríns con mexillóns e gambas

Tallaríns con mexillóns e gambas

Información nutricional:

Kcal: 257,1
Proteínas: 32,8%
Hidratos de carbono: 333%
Lípidos: 33,9%

Ingredientes

  • 75 g tallaríns
  • 50 g gambas
  • 25 g mexillóns
  • 10 g queixo relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e reservar. Refogar o allo picado no aceite, engadir os mexillóns cocidos e as gambas. Mesturar coa pasta. Cubrir de queixo.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Ademais este prato complétase co aporte en proteínas de alto valor biolóxico e tamén cos minerais das gambas e os mexillóns.

Palometa en adubo

Palometa en adubo

Palometa en adubo

Información nutricional:

Kcal: 343,6
Proteínas: 37,4%
Hidratos de carbono: 16,0%
Lípidos: 46,6%

Ingredientes

  • 150 g palometa
  • 40 g pemento vermello
  • 40 g pemento verde
  • 40 g cebola
  • 10 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • vinagre
  • ourego
  • pementa
  • pementa negra en gran
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Macerar todos os ingredientes (excepto a fariña) durante 2 horas. Escorrer os anacos de palometa e cubrir con fariña. Fritir en aceite quente. Acompañar coas verduras refogadas (pemento vermello, pemento verde, cebola).

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.

Xurelo á rioxana

Xurelo á rioxana

Xurelo á rioxana

Información nutricional:

Kcal: 445,1
Proteínas: 24,7%
Hidratos de carbono: 28,7%
Lípidos: 46,5%

Ingredientes

  • 150 g xurelo
  • 1 (100g) pataca
  • 60 g salsa tomate
  • 40 g pemento vermello
  • 40 g cebola
  • 5 g pemento choriceiro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar o allo, a cebola e os pementos en tiras. Poñer a folla de laurel, o pementón e a carne de pemento choriceiro, engadir a salsa de tomate e cocer 20 min. Triturar. O xurel márcase á prancha. Colocar nunha placa de forno, cubrir con salsa e introducir no forno 10 min aproximadamente, a 180ºC. Acompañar de patacas fervidas en rebandas.

Vantaxes:
O xurelo clasifícase como peixe azul debido o seu contido en lípidos. Na súa composición destacan minerais como ferro, iodo e magnesio, e vitamina D que intervén na absorción e utilización de calcio e fósforo, e cobalamina que participa na maduración dos glóbulos vermellos e favorece a absorción de ferro.

Brócoli á crema con xamón

Brócoli á crema con xamón

Brócoli á crema con xamón

Información nutricional:

Kcal: 301,8
Proteínas: 18,4%
Hidratos de carbono: 43,1%
Lípidos: 38,6%

Ingredientes

  • 150 g brócoli
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL leite desnatado
  • 20 g xamón en tacos
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • noz moscada
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o brócoli en auga abundante, refrescar e escorrer. Á parte preparar unha bechamel: quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ao gusto. Engadir os taquiños de xamón e o brócoli deixando cocer todo xunto uns minutos máis. Acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
O brócoli é un alimento con alto contido de antioxidantes e betacarotenos. Igualmente posúe un elevado aporte de vitaminas A, B2 e C, con propiedades diuréticas e depuradoras do sangue. Este vexetal está composto, ademais, por unha elevada cantidade de auga (80-90%). Aporta gran cantidade de fibra dietética e ácido fólico. Con respecto ós minerais, subministra cantidades significativas de potasio, fósforo, ferro e calcio, o que lle confiren importantes propiedades antianémicas.