Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Bertorella en salsa de piperada

15 Xullo, 2015

Bertorella en salsa de piperada

Bertorella en salsa de piperada

Información nutricional:

Kcal: 488,6
Proteínas: 45,0%
Hidratos de carbono: 29,4%
Lípidos: 25,6%

Ingredientes

  • 150 g bertorella
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 30 g pemento amarelo
  • 30 g pemento vermello
  • 30 g pemento verde
  • 25 g salsa tomate
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Preparar unha salsa refogando en aceite o allo, cebola e pementos, cortado todo en dados, engadir fariña. A continuación agregar a salsa de tomate e o caldo de peixe quente, cubrir con perexil picado deixando cocer uns minutos. A bertorella márcase na prancha e coloca nunha fonte de forno, cubrir con salsa e introducir ao horno 10 min. aproximadamente a 180ºC. Acompañar dunhas patacas cocidas.

Vantaxes:
A brótola ou bertorella, nome polo que se coñece comercialmente a esta especie, é un peixe branco, aínda que dependendo da época e do seu tamaño tamén se lle pode considerar peixe semigraxo. Os peixes brancos son baixos en graxas; ricos en proteínas de alto valor biolóxico e posúen diferentes vitaminas e minerais. Destacan polo seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). En relación aos minerais, os peixes brancos posúen potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.

Filete de fletán con verduras

Filete de fletán con verduras

Filete de fletán con verduras

Información nutricional:

Kcal: 334,1
Proteínas: 46%
Hidratos de carbono: 29,9%
Lípidos: 24,1%

Ingredientes

  • 150 g filete fletán
  • 1 pequena (80g) pataca
  • 50 g pemento vermello
  • 50 g pemento verde
  • 50 mL viño branco
  • 40 g tomate
  • 30 g cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Limpar os filetes de fletán e sazonar. Cortar as patacas en láminas finas e dar un toque de fritura, colocalas nunha placa de forno e engadir as verduras cortadas en tiras e o tomate en dados. Mollar con viño, introducir no forno 10 min a 180ºC. Colocar os filetes de fletán e fornear 5min. aproximadamente.

Vantaxes:
O fletán ou halibut é un peixe branco e sen espiñas, adecuado para dietas baixas en calorías polo seu pobre contido en graxas. Este peixe presenta unha cantidade notable de proteínas de boa calidade e vitaminas do grupo B. O fletán contén tamén vitamina E, cunha importante acción antioxidante. A cantidade desta vitamina no halibut é superior á da maior parte dos peixes brancos. En canto aos minerais destacan o potasio, o magnesio, o fósforo e o iodo.

Peituga de pavo asada

Peituga de pavo asada

Peituga de pavo asada

Información nutricional:

Kcal: 330,5
Proteínas: 45,9%
Hidratos de carbono: 28,7%
Lípidos: 25,3%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 15 g cebola
  • 15 g cenoria
  • 15 g pemento vermello
  • 50 g arroz
  • 50 mL viño branco
  • 5 g maicena
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • romero
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Facer a salsa cortando as verduras en dados e refogar no aceite, a continuación engadir o caldo e o romero. Cortar a peituga en filetes grosos, marcar na prancha e introducila na salsa ata finalizar a súa cocción. Acompañar de arroz en branco.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. Ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.

Chícharos con arroz e xamón

Chícharos con arroz e xamón

Chícharos con arroz e xamón

Información nutricional:

Kcal: 310,5
Proteínas: 13%
Hidratos de carbono: 37,9%
Lípidos: 49%

Ingredientes

  • 90 g chícharos
  • 60 g arroz
  • 40 g cebola
  • 20 g xamón serrano
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Picar a cebola moi fina e refogala co dente de allo picado nunha cazola con aceite de oliva. Unha vez pochados engadir os taquiños de xamón; refogar e engadir os chícharos. Cubrir os chícharos con auga, salpementar e cocer a lume lento entre 20 e 30 minutos. Mentres, cocer o arroz con sal e auga, escorrer un pouco antes de que estea listo para engadilo aos chcícharos.

Vantaxes:
Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra , que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.

Perca con tomate

Perca con tomate

Perca con tomate

Información nutricional:

Kcal: 318,3
Proteínas: 28,4%
Hidratos de carbono: 35,3%
Lípidos: 36,3%

Ingredientes

  • 150 g perca
  • 1 (100g) pataca
  • 60 g salsa tomate
  • 30 g pemento verde
  • 30 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Salgar os filetes de perca e facer á prancha. Reservar. Facer unha salsa de tomate pochando previamente allo, cebola e o pemento picados en dados e rematar co tomate natural, cocinar 20min. aproximadamente. Colocar a perca nunha fonte de forno, cubrir coa salsa e fornear 5 min a 180ºC. Acompañar de patacas fervidas.

Vantaxes:
A perca é un peixe branco, cun baixo contido lipídico; non presenta unha porcentaxe elevada de proteínas, pero as que contén son dun alto valor biolóxico. Ademais, contén vitaminas do grupo B e A, e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro.