Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Espinacas con setas e xamón á crema

15 Xullo, 2015

Espinacas con setas e xamón á crema

Espinacas con setas e xamón á crema

Información nutricional:

Kcal: 209,1
Proteínas: 26,1%
Hidratos de carbono: 26,0%
Lípidos: 47,9%

Ingredientes

  • 125 g espinacas
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 75 g setas
  • 15 g xamón serrano
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • noz moscada
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as espinacas en auga abundante, refrescar e escorrer. Separadamente, preparar unha salsa bechamel: quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadir pementa e noz moscada ao gusto. Agregar os taquiños de xamón e as setas previamente refogadas lixeiramente. Para rematar rectificar de sal se fose necesario.

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.

Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese mais facilmente que o presente nos vexetais. Por tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.

Solombo de porco con salsa de queixo, noces e cirolas

Solombo de porco con salsa de queixo, noces e cirolas

Solombo de porco con salsa de queixo, noces e cirolas

Información nutricional:

Kcal: 755,9
Proteínas: 27,3%
Hidratos de carbono: 13,9%
Lípidos: 58,8%

Ingredientes

  • 150 g solombo porco
  • 1/2 vaso (120 mL) caldo carne
  • 50 g arroz
  • 15 g queixo Arzúa
  • 15 g noces peladas
  • 10 g cirolas pasas
  • 6 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar o solombo e cortar os medallóns. Facer a salsa compota refogando lentamente a fariña no aceite e engadir o caldo de carne. A continuación, engadir o queixo cortado en anacos para que se funda rápido. Cando se funda o queixo engadir as cirolas pasas cortadas e as noces. Marcar a carne na prancha e colocar sobre un arroz branco ao forno, cubrir coa salsa.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.

Atún con salsa de tomate e sidra

Atún con salsa de tomate e sidra

Atún con salsa de tomate e sidra

Información nutricional:

Kcal: 609,3
Proteínas: 35,3%
Hidratos de carbono: 23,8%
Lípidos: 40,9%

Ingredientes

  • 150 g atún
  • 1 (100g) pataca
  • 100 g salsa tomate
  • 75 mL sidra
  • 50 mL caldo peixe
  • 25 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar o atún e cortar en racións. Salgar lixeiramente e marcar na prancha volta e volta. Separadamente, preparar a salsa: para iso, refogar en aceite a cebola e o allo picados. Engadir a sidra e deixar reducir uns minutos. Engadir a salsa de tomate e o caldo de peixe. Cubrir perexil picado. Poñer a punto de sal. Cocer unhas patacas a parte ao vapor para acompañar. Cubrir o atún coa salsa e meter ao forno 10 min a 180ºC.

Vantaxes:
A carne do atún posúe un 12% de graxa, rica en ácidos omega-3, que axudan a rebaixar os niveis de colesterol e triglicéridos do sangue, diminuíndo o risco de doenzas como a aterosclerose, trombose, así como a prevención de enfermidades cardíacas. Ademais, destaca pola súa composición en vitaminas e minerais. Entre as primeiras destacan as do grupo B. Outros grupos importantes de vitaminas son as liposolubles, como a A e D. Os minerais que destacan na composición do atún son o fósforo e o magnesio, dando, ademais, altos niveis de ferro e iodo.

Arroz con salchichas

Arroz con salchichas

Arroz con salchichas

Información nutricional:

Kcal: 336
Proteínas: 21,5%
Hidratos de carbono: 36,1%
Lípidos: 42,3%

Ingredientes

  • 75 g arroz
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • 40 g salchichas
  • 50 g salsa tomate
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha paelleira ou cazola baixa refogar as verduras cortadas en dados, engadir a salchicha troceada e rustrir o arroz. Engadir o tomate en salsa. Mollar co caldo coloreado (dobre de caldo que de arroz), dar o punto de sal e deixar cocer 20 min.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Alcahofas con berberechos

Alcahofas con berberechos

Alcahofas con berberechos

Información nutricional:

Kcal: 229,6
Proteínas: 28,7%
Hidratos de carbono: 27,1%
Lípidos: 44,2%

Ingredientes

  • 120 g alcachofas
  • 75 mL caldo peixe
  • 50 g berberechos
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Quentar o aceite e engadir o allo picado. Engadir as alcachofas e refogar poñendo un pouco de fariña. Cando non se vexa a fariña mollar co caldo de peixe. Poñer os berberechos e deixar cocer un minuto máis.

Vantaxes:
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes desta hortaliza. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esteroles, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.