Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Coliflor ao alloarriero

15 Xullo, 2015

Coliflor ao alloarriero

Coliflor ao alloarriero

Información nutricional:

Kcal: 200,6
Proteínas: 44,1%
Hidratos de carbono: 8,6%
Lípidos: 47,4%

Ingredientes

  • 150 g coliflor
  • 50 g bacallau
  • 50 g ovo cocido
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • caiena
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer a coliflor en auga fervendo e cando estea ao dente reservar. Nunha cazola á parte refogar o allo e a caiena en aceite, engadir o pementón e as migas desalgadas. Mesturar coa coliflor e servir. Acompañar de ovo cocido.

Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, polo que é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas coma o cancro.

Polo asado á cervexa

Polo asado á cervexa

Polo asado á cervexa

Información nutricional:

Kcal: 467,5
Proteínas: 31,1%
Hidratos de carbono: 28,2%
Lípidos: 40,7%

Ingredientes

  • 150 g polo
  • 150 g cervexa
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g champiñóns enteiros
  • 25 g cenoria
  • 20 g cebola
  • 2 dentes (10g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Trocear o polo e poñer nunha placa de forno. Acompañar da cebola e cenoria, e regar con aceite. Asar a 180ºC aproximadamente 1h. Acompañar duns champiñóns enteiros e de pataca fritida en dados.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.

Tallaríns con gulas e verduras

Tallaríns con gulas e verduras

Tallaríns con gulas e verduras

Información nutricional:

Kcal: 262,3
Proteínas: 18,6%
Hidratos de carbono: 29,2%
Lípidos: 52,2%

Ingredientes

  • 70 g tallaríns
  • 50 g gulas
  • 20 g cabaciño
  • 20 g pemento vermello
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que nos indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Cortar as verduras en tiras e refogar no aceite. Engadir a pasta e as gulas, e salpementar. Cubrir con queixo relado.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.

Pescada en salsa americana

Pescada en salsa americana

Pescada en salsa americana

Información nutricional:

Kcal: 396,6
Proteínas: 53,4%
Hidratos de carbono:24,5%
Lípidos: 22,1%

Ingredientes

  • 150 g lombo pescada
  • 1/2 vaso (150mL) caldo pescado
  • 50 g arroz
  • 50 g cabeza lagostino
  • 30 g cebola
  • 25 g salsa tomate
  • 20 g cenoria
  • 20 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (10mL) brandy
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • colorante alimentario
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Preparar unha salsa americana: Refogar en aceite o allo, cebola, porro e cenoria picados, engadir as cabezas de lagostino e flambear con brandy, engadir a salsa de tomate e o caldo de peixe. Engadir un puñado de arroz e deixar cocer 25 min. Triturar e pasar por chinés. O lombo de pescada márcase na prancha e colocar nunha fonte de forno, cubrir con salsa e fornear 10 min. a 180ºC. Acompañar dun arroz ao forno.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante comparado coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias comparado coas contidas na maior parte dos peixes.

Ossobuco en salsa con arroz

Ossobuco en salsa con arroz

Ossobuco en salsa con arroz

Información nutricional:

Kcal: 586,2
Proteínas: 23,3%
Hidratos de carbono: 23,1%
Lípidos: 53,6%

Ingredientes

  • 150 g ossobuco tenreira
  • 1 vaso (250 mL) caldo carne
  • 60 mL viño tinto
  • 50 g arroz
  • 40 g salsa tomate
  • 30 g cenoria
  • 25 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 1 dente (5g) allo
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • loureiro
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Salpementar a carne e pasar por fariña. Dourala nunha tixola. Nunha pota, refogar as verduras e engadir a carne dourada. Agregar viño tinto deixando reducir uns instantes, engadir a salsa de tomate e cubrir co caldo. Deixar cocer 1h e media aproximadamente. Sacar a carne e reservar. Triturar a salsa, e espesar se fose necesario. Acompañar de arroz branco.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.