Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Pescada á cazola

15 Xullo, 2015

Pescada á cazola

Pescada á cazola

Información nutricional:

Kcal: 594,6
Proteínas: 32,5%
Hidratos de carbono: 22,3%
Lípidos: 45,2%

Ingredientes

  • 150 g pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g ovo
  • 75 mL caldo peixe
  • 20 g chícharos
  • 20 mL viño branco
  • 20 g espárrago branco
  • 20 g cebola
  • 8 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Preparar unha salsa verde: refogando en aceite o allo e cebola picados, sen deixar que tome cor. Engadir fariña e viño deixando reducir o alcol. Mollar co caldo de peixe e deixar cocer 5 min. Engadir o perexil picado e salgar. Colocar a pescada na cazola e engadir a salsa. Meter no forno 10-15 minutos a 180ºC e ao sacar acompañar de pataca cocida, espárrago branco, chícharos cocidos e ovo duro.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.

Filetes de rapante ao forno

Filetes de rapante ao forno

Filetes de rapante ao forno

Información nutricional:

Kcal: 286,7
Proteínas: 39,5%
Hidratos de carbono: 20,1%
Lípidos: 40,4%

Ingredientes

  • 150 g filetes rapante
  • 50 mL viño branco
  • 50 g pataca
  • 30 g cebola
  • 10 g pemento verde
  • 10 g pemento vermello
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar o peixe e filetealo. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha praca de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir en forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva deixar e 5 minutos máis. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Vantaxes:
O rapante é un peixe branco de moi baixo contido graxo. Aporta proteínas dun elevado valor biolóxico, pero o seu contido neste nutriente é inferior ó da maioría de peixes. En relación ás vitaminas, destaca a presenza da B6 e B9. En canto ós minerais cabe destacar o contido de fósforo, potasio, magnesio e iodo, aínda que as súas cantidades non son moi elevadas comparándoas coas presentes noutras especies.

Acelgas refogadas con ovo cocido

Acelgas refogadas con ovo cocido

Acelgas refogadas con ovo cocido

Información nutricional:

Kcal: 271,4
Proteínas: 14,8%
Hidratos de carbono: 33,3%
Lípidos: 51,9%

Ingredientes

  • 125 g acelgas
  • 60 g pataca
  • 60 g salsa tomate
  • 25 g ovo
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as acelgas en auga abundante con sal, cando estean cocidas escorrer. Refogar o allo e cebola picada no aceite e engadir as acelgas. Adicionar a salsa de tomate e deixar facer uns minutos. Acompañar de ovo cocido.

Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga, e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas, presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto os minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.

Pasta de arroz con pavo

Pasta de arroz con pavo

Pasta de arroz con pavo

Información nutricional:

Kcal: 265,6
Proteínas: 21,3%
Hidratos de carbono: 47,9%
Lípidos: 30,3%

Ingredientes

  • 80 g pasta arroz (macarrón)
  • 50 g champiñóns laminados
  • 30 g salsa tomate
  • 50 g pavo fiambre
  • 25 g pemento vermello
  • 20 g cebola
  • 10 g queixo relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer a pasta en auga abundante con sal o tempo que nos indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Separadamente no aceite quente rustir o allo, a cebola en dados, o pemento vermello en dados e o champiñón laminado e o pavo en dados. Engadir a salsa de tomate e deixar cocer uns minutos. Mesturar coa pasta e deixar quentar todo. Servir quente cubrindo co queixo.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Pescada á vasca

Pescada á vasca

Pescada á vasca

Información nutricional:

Kcal: 461,7
Proteínas: 47,2%
Hidratos de carbono: 26,9%
Lípidos: 25,9%

Ingredientes

  • 150 g lombo pescada
  • 1/2 vaso (150mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 25 g ameixa xapónica
  • 20 g chícharos
  • 10 g espárrago branco
  • 7 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min. e engadir perexil picado. Introducir o lombo de pescada na salsa e meter no forno coas ameixas e chícharos durante 8 min. Acompañar na mesma cazola con patacas redondas cocidas e espárrago.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.