Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Patacas con chícharos en salsa verde

15 Xullo, 2015

Patacas con chícharos en salsa verde

Patacas con chícharos en salsa verde

Información nutricional:

Kcal: 309,7
Proteínas: 11,0%
Hidratos de carbono: 40,9%
Lípidos: 48,1%

Ingredientes

  • 1 (125g) pataca
  • 40 g chícharos
  • 30 g cebola
  • 20 g xamón serrano
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha cacerola refogar o allo en aceite, engadir a cebola picada e cando estea tenra o xamón en tacos. Engadir as patacas rotas e logo os chícharos crus. Cubrir con auga ou caldo e deixar cocer 10-15min lentamente. Cubrir con perexil e dar un par de voltas para que espese a salsa un pouco.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.

Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.

Redondo de tenreira ao forno

Redondo de tenreira ao forno

Redondo de tenreira ao forno

Información nutricional:

Kcal: 559,2
Proteínas: 32,1%
Hidratos de carbono: 23,9%
Lípidos: 43,9%

Ingredientes

  • 140 g redondo tenreira
  • 100 g puré pataca
  • 1/2 vaso (100mL) viño branco
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
  • 40 g cebola
  • 40 g porro
  • 40 g cenoria
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 1 dente (5g) allo
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Marcar o redondo enteiro na tixola ou prancha por ambas caras. Colocar na placa do forno, regar co viño branco, engadir as verduras troceadas e asar durante 50 minutos a 170 ºC. Cortar o redondo en rebandas, engadir o caldo á placa pasar por un chinés coas verduras para obter e elaborar a salsa. Servir con puré de pataca e a salsa cremosa por enriba.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Salmón con velouté de espárragos

Salmón con velouté de espárragos

Salmón con velouté de espárragos

Información nutricional:

Kcal: 483
Proteínas: 35,8%
Hidratos de carbono: 24,9%
Lípidos: 39,3%

Ingredientes

  • 150 g salmón
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g espárrago verde
  • 30 g cebola
  • 30 g porro
  • 15 g espárrago branco
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Preparar a salsa: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña, cando coza un pouco cubrir co caldo de peixe e os espárragos verdes. Triturar e pasar por chinés. Introducir o salmón en supremas nunha cazola de barro e cubrir coa salsa. Meter no forno 10 minutos. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas e un espárrago branco.

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.

Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.

Pasta con peixe espada e tomate

Pasta con peixe espada e tomate

Pasta con peixe espada e tomate

Información nutricional:

Kcal: 292,2
Proteínas: 22,6%
Hidratos de carbono: 33,8%
Lípidos: 43,6%

Ingredientes

  • 70 g pasta (macarrón)
  • 80 g salsa tomate
  • 50 g peixe espada
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • albahaca
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal durante o tempo que nos indique o fabricante. Separadamente, en aceite de oliva refogar o allo e engadir o peixe en dados, refogando un minuto. Engadir a salsa de tomate e unha folla de albahaca. Engadir a pasta escorrida e refrescada. Dar o punto de sal e pementa e quentar. Cubrir de queixo relado.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado, pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais, entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a presenza de fósforo e magnesio, posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.

Peituga de pavo con champiñóns

Peituga de pavo con champiñóns

Peituga de pavo con champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 456,9
Proteínas: 40,6%
Hidratos de carbono: 22,7%
Lípidos: 36,8%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • 75 g champiñóns laminados
  • 50 g cebola
  • 50 g arroz
  • 15 mL nata
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar en anacos de 50gr, salpementar a peituga e dourar na tixola volta e volta. Separadamente, facer unha salsa velouté: en aceite quente refogar a cebola picada e logo poñer a fariña, logo de cocer un minuto engadir o caldo quente. Poñer a punto de sal e pementa e engadir os champiñóns laminados. Introducir o polo na salsa e dar un fervor de 5 minutos poñendo un pouco de nata case ao final. Acompañar de arroz ao forno.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico. O champiñón non presenta un gran contido en minerais, pero si unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (ácido linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.