Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Espetada de solombo en salsa de setas

15 Xullo, 2015

Espetada de solombo en salsa de setas

Espetada de solombo en salsa de setas

Información nutricional:

Kcal: 428,5
Proteínas: 24,5%
Hidratos de carbono: 5,8%
Lípidos: 69,7%

Ingredientes

  • 100 g solombo porco
  • 50 g setas
  • 30 g pemento verde
  • 30 g cebola
  • 10 g tomate cherry
  • 10 mL caldo carne
  • 10 mL nata
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementa branca

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o solombo e cortar en medallóns. Insertar nunha espetada intercalando carne, pemento verde, cebola e tomate. Adubar as brochetas e marcar na prancha. Para a salsa: rustrir o allo picado en aceite, engadir as setas picadas, despois dun minuto o caldo de carne e a nata. Servir a espetada coa salsa por enriba.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que a carne de vaca ou de cordeiro, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco é aconsellable para os hipertensos e para aqueles que padecen de exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido xa que o abuso de proteínas de orixe animal e de graxas saturadas ten repercusións nocivas na saúde.

Froita fresca (kiwis)

Froita fresca (kiwis)

Froita fresca (kiwis)

Información nutricional:

Kcal: 69
Proteínas: 9,2%
Hidratos dec arbono: 78,3%
Lípidos: 12,4%

Ingredientes

  • 150 g kiwis

Instruccións

Pelar e consumir

Vantaxes:
O compoñente maioritario do kiwi é o auga. Presenta un aporte calórico moderado, pola súa cantidade en hidratos de carbono. É destacable o seu contido en vitamina C; máis do dobre que unha laranxa e vitaminas do grupo B. Ademais esta froita é rica en minerais como potasio, magnesio e fibra. Polo seu fácil consumo e grazas ás súas propiedades nutritivas e ó aporte de substancias de acción antioxidante, ó seu consumo é adecuado para os nenos, os mozos, os adultos, os deportistas, as mulleres embarazadas ou nais lactantes e as persoas maiores.

Viño branco

Viño branco

Viño branco

Información nutricional:

Kcal: 136
Proteínas: 0,4%
Hidratos de carbono: 0,6%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 200 mL unha copa

Instruccións

Suxerencia de bebida

Viño tinto

Viño tinto

Viño tinto

Información nutricional:

Kcal: 136
Proteínas: 0,4%
Hidratos de carbono: 0,6%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 200 mL unha copa

Instruccións

Suxerencia de bebida

Mousse de castañas

Mousse de castañas

Mousse de castañas

Información nutricional:

Kcal: 277,9
Proteínas: 8,1%
Hidratos de carbono: 40,1%
Lípidos: 51,7%

Ingredientes

  • 50 g castañas
  • 30 g clara ovo
  • 3 g xelatina neutra
  • 8 g azucre
  • 50 mL nata

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Bater a punto de neve a nata co puré de castañas, Á parte, quentar ó baño María a clara de ovo coa xelatina en po ata que comece a botar vapor de auga. Engadir o azucre e bater fora do calor ata que esponxe. Antes de que enfríe de todo, mesturar a nata-castaña e enmoldar. Acompañar dagunha castaña entera en xarope.

Vantaxes:
As castañas son ricas en hidratos de carbono complexos. A cantidade de graxa presente nelas é bastante similar á dos cereais e polo tanto notablemente inferior á que conteñen os froitos secos. Debido a estas propiedades e a que ó seu contido en auga é próximo ó 50%, a castaña é un dos froitos secos de menor contido calórico.