Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Fideos á mariñeira

15 Xullo, 2015

Fideos á mariñeira

Fideos á mariñeira

Información nutricional:

Kcal: 325,9
Proteínas: 44,7%
Hidratos de carbono: 18,2%
Lípidos: 37,2%

Ingredientes

  • 40 g fideo groso perla
  • 40 g gambas
  • 40 g mexillóns
  • 40 g lura
  • 100 mL caldo peixe
  • 10 g cebola
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g salsa tomate
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 1 dente (4g) allo
  • perexil picado
  • colorante alimentario

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Nunha cacerola quentar o aceite e engadir o allo, cebola pemento vermello e tomate. Engadir a lura cortada en tiras pequenas e as gambas peladas. A continuación, engadir os mexillóns sen casca e o caldo de peixe co colorante. Agregar os fideos e deixar cocer segundo o fabricante de pasta. Repousar uns minutos e servir cubrindo con perexil picado.

Vantaxes:
Este prato combina o aporte en hidratos de carbono da pasta co aporte en proteínas de alto valor biolóxico e en minerais das luras, gambas e mexillóns. Hai que destacar o contido destes alimentos mariños en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais, é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.

Inconvenientes:
As luras non son recomendables en persoas con colesterol alto e con hipertensión, porque presenta altos porcentaxes desta substancia.

Minestra de verduras

Minestra de verduras

Minestra de verduras

Información nutricional:

Kcal: 359,9
Proteínas: 26,1%
Hidratos de carbono: 56,1%
Lípidos: 17,9%

Ingredientes

  • 25 g ovo cocido
  • 25 g chícharos
  • 25 g alcachofas enlatadas
  • 25 g feixóns
  • 1 (25 g) cenoria
  • 1/2 (50 g) pataca
  • 75 g salsa tomate
  • 15 g cebola
  • 20 g xamón cocido
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as verduras por separado para respectar o punto de cocción de cada unha. As verduras grandes cortadas en dados grandes. Á parte refogar en aceite a cebola, o allo e o xamón. Engadir a salsa de tomate e as verduras. Acompañar de medio ovo cocido.

Vantaxes:
Grazas á combinación de numerosas verduras este prato aporta substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio. O ovo é o alimento que contén o mellor perfil proteico e do seu contido lipídico; máis da metade son graxas insaturadas. Ademais, contén dous carotenoides que interveñen favorablemente na saúde visual.

Filetes de pescada en salsa verde

Filetes de pescada en salsa verde

Filetes de pescada en salsa verde

Información nutricional:

Kcal: 357,3
Proteínas: 47,8%
Hidratos de carbono: 31,5%
Lípidos: 20,7%

Ingredientes

  • 150 g pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL caldo peixe
  • 20 g cebola
  • 6 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • perexil picado
  • caiena
  • sal ao gusto
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar os filetes e cocer ó vapor dobrándolles a punta . As patacas pequenas cócense á parte. A salsa verde prepárase refogando en aceite :allo, cebola moi picada e toque de caiena. Engadir a fariña e a continuación o caldo de peixe. Deixar cocer uns minutos e engadir o perexil picado. Cubrir peixe e pataca coa salsa e quentar todo o conxunto.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante comparado coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias comparado coas contidas na maior parte dos peixes.

Froita fresca (plátano)

Froita fresca (plátano)

Froita fresca (plátano)

Información nutricional:

Kcal: 94,8
Proteínas: 5,2%
Hidratos de carbono: 91,5%
Lípidos: 3,2%

Ingredientes

  • 1 (120 g) plátano

Instruccións

Pelar e servir.

Vantaxes:
O plátano é moi rico en potasio, que é enerxizante, polo que é moi recomendado o seu consumo en nenos, deportistas e persoas con moito traballo. Ten poucas calorías, pero é rico en hidratos de carbono.

Carpaccio de tomate e mozzarella

Carpaccio de tomate e mozzarella

Carpaccio de tomate e mozzarella

Información nutricional:

Kcal: 221,9
Proteínas: 20,8%
Hidratos de carbono: 4,6%
Lípidos: 74,6%

Ingredientes

  • 1 (100 g) tomate
  • 50 g mozzarella
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • ourego
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Lavar e cortar o tomate na máquina do friame en rebandas finas. Facer o mesmo co queixo. Empratar o tomate no fondo e queixo enriba. Condimentar no último momento co aceite, sal e ourego.

Vantaxes:
O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen ás células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Inconvenientes:
Este prato contén un elevado aporte lipídico, debido á cantidade de queixo empregada.