Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Lacón con grelos

15 Xullo, 2015

Lacón con grelos

Lacón con grelos

Información nutricional:

Kcal: 715,1
Proteínas: 20,0%
Hidratos de carbono: 17,3%
Lípidos: 62,7%

Ingredientes

  • 130 g grelos
  • 125 g lacón
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g chourizo caseiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o lacón previamente desalgado en auga abundante. Nesa mesma auga, unha vez retirado o lacón, cocer as patacas, grelos e chourizo. Servir todo xunto.

Vantaxes:
O lacón constitúe unha boa fonte de proteínas de alto valor biolóxico. A súa composición nutricional é similar á da paleta, e como tal presenta máis graxa (ó redor do 20%) e menos proteína que o xamón curado. A carne de porco, en xeral, é unha fonte importante de vitaminas do grupo B, excepto de ácido fólico. Ademais, é a carne que menor cantidade de bases púricas contén, substancias que ó metabolizarse dan lugar ó ácido úrico, elemento restrinxido en persoas que padecen gota.
Os grelos presentan un alto contido en vitamina A, C e ácido fólico, ademais de diversos minerais como calcio, potasio, sodio e ferro. Nesta especie predominan unha serie de substancias relacionadas co seu amargor (glucosinolatos alifáticos) ás que se atribúen propiedades anticanceríxenas.

Crema de chícharos

Crema de chícharos

Crema de chícharos

Información nutricional:

Kcal: 260,4
Proteínas: 15,6%
Hidratos de carbono: 48,4%
Lípidos: 36,0%

Ingredientes

  • 75 g chícharos
  • 1 pequena (75g) pataca
  • 50 g porro
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar en aceite o porro, engadir a pataca en láminas e mollar coa auga e leite. Cando comece a ferver engadir os chícharos e deixar cocer. Pasar por turmix e chinés. Dar o toque de sal.

Vantaxes:
O principal compoñente dos chícharos é a auga, destacando tamén o seu contido en hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra, que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.

Robaliza ó forno

Robaliza ó forno

Robaliza ó forno

Información nutricional:

Kcal: 357,5
Proteínas: 36,0%
Hidratos de carbono: 31,0%
Lípidos: 33,1%

Ingredientes

  • 150 g robaliza
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 30 g pemento vermello
  • 30 g pemento verde
  • 50 mL viño branco
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o peixe e filetear en dous lombos. Nunha placa de forno poñer a pataca pelada e cortada fina. Encima os pementos e cebola picados. Introducir no forno a 180º C durante 10min. Sacar do forno e colocar os filetes salgados encima, poñer o viño branco e deixar no forno 10 minutos máis.

Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, a actividade muscular, o equilibrio de auga na célula, formación de ósos e dentes, procesos de obtención de enerxía e sistema dixestivo.

Natillas caseiras

Natillas caseiras

Natillas caseiras

Información nutricional:

Kcal: 149,8
Proteínas: 20,9%
Hidratos de carbono: 59,7%
Lípidos: 19,5%

Ingredientes

  • 10 g xema de ovo
  • 1/2 vaso (160 mL) leite
  • 45 g limón
  • 10 g azucre
  • 5 g maicena
  • canela en rama
  • canela molida

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Ferver o leite coa cortiza de limón e canela. Aparte nun cazo de aceiro quentar lixeiramente a xema co azucre e a maicena. Engadir o leite fervendo e deixar cocer sen parar de remover, posto que se pegan facilmente ao recipiente.

Vantaxes:
Esta sobremesa presenta todas as vantaxes do leite, como o gran aporte en vitaminas A, C, e do grupo B, minerais como ferro, calcio, e proteínas; combinadas cos beneficios do limón, rico en pectina e vitamina C.

Biscoito de laranxa

Biscoito de laranxa

Biscoito de laranxa

Información nutricional:

Kcal: 442,2
Proteínas: 6,0%
Hidratos de carbono: 51,1%
Lípidos: 42,9%

Ingredientes

  • 22,5 g manteiga
  • 22,5 g ovo
  • 30 g fariña
  • 1 (120g) laranxa
  • 22,5 g azucre
  • 2 g azucre glacé
  • 3 g fermento químico

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Poñer a manteiga en pomada no microondas a potencia de desconxelación; non debe fundirse. Engadir o azucre branco e disolver. Engadir un pouco de fariña. A continuación, o ovo ós poucos e seguir batendo. Finalmente, engadir a fariña restante mesturada co fermento. Engadir a reladura e o zume de media laranxa. Introducir nun molde de silicona ou de latón, previamente untado de manteiga, e adornado de fariña e cocer ó forno 175-180ºC 35 min. dependendo da altura do molde. Desmoldar e decorar con azucre glacé.

Vantaxes:
A laranxa é unha importante fonte de vitamina C, flavonoides e beta-caroteno, cardiovasculares. Outros compoñente que lle reportan numerosos beneficios son ácido fólico e fibra soluble, elevado contido en auga, potasio, ácido cítrico e ácido oxálico. Entre estes beneficios cabe destacar a función antioxidante, inhibición da oxidación do LDL-c colesterol “malo”), polo que se fai moi interesante de cara á prevención de enfermidades. Ten un efecto diurético e favorece a eliminación do ácido úrico e das súas sales.

Inconvenientes:
O ácido oxálico que conteñen as laranxas pode formar sales co calcio e formar oxalato cálcico, polo que o seu consume pode agravar casos de cálculos renais.