Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Medallóns de peixe sapo con lagostinos ó allo

15 Xullo, 2015

Medallóns de peixe sapo con lagostinos ó allo

Medallóns de peixe sapo con lagostinos ó allo

Información nutricional:

Kcal: 431,2
Proteínas: 42,8%
Hidratos de carbono: 27,5%
Lípidos: 29,7%

Ingredientes

  • 150 g peixe sapo
  • 50 g lagostinos
  • 1 pequena (70g) pataca
  • 50 mL caldo peixe
  • 10 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • caiena
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Nunha tixola, dourar o allo fileteado en aceite coa caiena. Engadir o peixe sapo con sal e rebozado en fariña. Dar a volta e engadir os lagostinos. Mollar con caldo de peixe e deixar cocer uns minutos. Cubrir con perexil picado. A pataca cócese á parte cortada en rebandas e colócanse baixo o peixe sapo ó empratar.

Vantaxes:
O peixe sapo é un peixe branco. Igual ca os lagostinos, contén proteínas de alto valor biolóxico e é baixo en lípidos, proporcionándolle un baixo nivel calórico. En canto a outros nutrientes conteñen vitaminas do grupo B, magnesio, potasio, fósforo e iodo. Os lagostinos destacan polo seu aporte de ferro e o seu contido en iodo, sendo tres veces superior ao das gambas.
O peixe sapo é un alimento moi adecuado en dietas hipocalóricas e para os nenos, debido a que é un peixe sen espiñas.

Inconvenientes:
O contido en colesterol dos lagostinos é superior ó doutros mariscos, pero en relación ás cantidades que se consomen e á calidade da súa graxa, este alimento non resulta prexudicial.

Tallaríns con verduras

Tallaríns con verduras

Tallaríns con verduras

Información nutricional:

Kcal: 279,2
Proteínas: 12,8%
Hidratos de carbono: 39,2%
Lípidos: 48,0%

Ingredientes

  • 60 g tallaríns
  • 1 (50 g) cenoria
  • 50 g cabaciño
  • 50 g salsa tomate
  • 20 g pemento vermello
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Cortar as verduras en tiras e refogar en lume vivo no aceite. Engadir a pasta e o tomate en salsa e poñer ó gusto de sal e pementa. Cubrir con queixo relado.

Vantaxes:
Neste prato combínase o valor calórico e nutricional da pasta cos beneficios das verduras. Destacan as propiedades antioxidantes, o aporte vitamínico, fundamentalmente, vitaminas do grupo B, A e C; e minerais como potasio, magnesio e fósforo.

Bacallau en salsa de pementos

Bacallau en salsa de pementos

Bacallau en salsa de pementos

Información nutricional:

Kcal: 364,3
Proteínas: 31,7%
Hidratos de carbono: 30,2%
Lípidos: 38,1%

Ingredientes

  • 150 g bacallau
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g salsa tomate
  • 15 g cebola
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 1 folla loureiro
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Nunha cacerola refogar o allo, cebola e todos os pementos. Poñer a folla de loureiro e engadir o tomate en salsa deixando cocer 20-30 min. O bacallau márcase á prancha. Cortar a pataca en rebandas grosas e cocer ó vapor. Nunha cazola de barro poñer a pataca cocida no fondo, encima o bacallau e a salsa. Introducir no forno 15 minutos a 180ºC e servir cubrindo de perexil.

Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais. O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado. Ademais, hai que engadir que os pementos son un dos alimentos máis ricos en vitamina C, son abundantes en carotenos, e como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén principalmente fósforo, potasio, magnesio e calcio.

Sopa Xuliana

Sopa Xuliana

Sopa Xuliana

Información nutricional:

Kcal: 254,8
Proteínas: 32,2%
Hidratos de carbono: 11,5%
Lípidos: 56,3%

Ingredientes

  • 1 (36 g) cenoria
  • 24 g cebola
  • 24 g porro
  • 24 g acelgas
  • 18 g chícharos
  • 90 mL caldo ave
  • 30 mL auga
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Refogar a cebola, o porro e a cenoria (todo cortado en tiras) no aceite durante 5 minutos. Engadir o pemento doce e a continuación o caldo de ave. Deixar levantar fervor e engadir a acelga (en tiras) e finalmente os chícharos. Probar de sal.

Vantaxes:
Ó combinar diferentes verduras, como cenoria, acelgas, chícharos e porros, abastecemos ó organismo de substancias antioxidantes, vitaminas do grupo B, A, C e E, minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio, e fibra.

Xelatina de piña

Xelatina de piña

Xelatina de piña

Información nutricional:

Kcal: 160,4
Proteínas: 1,7%
Hidratos de carbono: 98,3%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 200 mL zume piña
  • 8 g xelatina neutra
  • 10 g azucre

Instruccións

Tempo preparación: De 10 a 15 minutos

Remollar as follas de xelatina en auga fría. Quentar sen fervor un pouco do zume nun cazo, engadir o azucre e a xelatina. Mesturar co resto do zume e poñer nun molde. Para desmoldar, quentar o recipiente por fóra en auga quente e darlle a volta sobre o prato.

Vantaxes:
A xelatina é coláxeno hidrolizado, a proteína que forma os tendóns, texidos cartilaxenosos, osos e texidos conectores. Este alimento contribúe á mellora na hidratación e nenos e tamén en adultos. Presenta un baixo contido en azucres e colesterol, e non presenta materia grasa, polo que diminúe o risco de obesidade infantil.