Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Plumas á portuguesa

15 Xullo, 2015

Plumas á portuguesa

Plumas á portuguesa

Información nutricional:

Kcal: 250,7
Proteínas: 18,2%
Hidratos de carbono: 40,0%
Lípidos: 41,8%

Ingredientes

  • 60 g macarróns
  • 15 g pemento verde
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g cebola
  • 20 g xamón cocido
  • 20 g champiñóns enlatados
  • 75 g salsa tomate
  • 10 g queixo parmesano
  • 1 dente (5g) allo
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer os macarróns en auga con sal. Escorrer e reservar. Para preparar a salsa: refogar en aceite o allo, a cebola e os pementos, todo cortado en dados. Engadir a salsa de tomate, o xamón en dados e os champiñóns. Deixar cocer e servir sobre a pasta. Cubrir con queixo e perexil picado.

Vantaxes:
Neste prato hai que ter en conta o aporte calórico da pasta, o poder antioxidante debido a substancias presentes no tomate, pemento e cebola. Ademais, os champiñóns conteñen unha substancia chamada ergotioneína, un aminoácido con elevado poder antioxidante, e son unha excelente fonte de potasio.

Espaguetis boloñesa

Espaguetis boloñesa

Espaguetis boloñesa

Información nutricional:

Kcal: 443,3
Proteínas: 18,8%
Hidratos de carbono: 20,6%
Lípidos: 60,7%

Ingredientes

  • 60 g espaguetis
  • 50 g carne tenreira picada
  • 50 g carne porco picada
  • 1/2 (20 g) cenoria
  • 75 g salsa tomate
  • 25 mL viño tinto
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementa branca
  • perexil picado

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en abundante auga con sal. Á parte, ristrir o allo e a cenoria nunha tixola con aceite. Engadir a carne picada e saltear. Engadir o viño tinto, deixar reducir e engadir a salsa de tomate cocendo todo xunto. Servir a pasta quente coa salsa por riba.

Vantaxes:
Neste prato hai que ter en conta o aporte calórico da pasta, da carne de tenreira e de porco, e do tomate e os seus derivados, que presentan numerosos beneficios para o organismo, tales como propiedades antioxidantes debidas ó licopeno ou efecto diurético debido ó potasio.

Coliflor ao gratén

Coliflor ao gratén

Coliflor ao gratén

Información nutricional:

Kcal: 297,8
Proteínas: 17,7%
Hidratos de carbono: 39,4%
Lípidos: 42,9%

Ingredientes

  • 150 g coliflor
  • 1/2 grande (80 g) pataca
  • 8 g fariña
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 5 g queixo parmesano
  • 20 g xamón cocido
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • noz moscada
  • pementa branca

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e escoller follas de coliflor do mesmo tamaño. Cocer nunha cacerola as patacas e a coliflor. Escorrer e reservar. Noutra pota preparar a bechamel co aceite, a fariña e o leite quente. Unha vez preparada a bechamel, engadir o xamón en tiras. Cubrir con queixo as patacas e coliflor e gratinar uns minutos no forno a 180ºC.

Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, o cal é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas como o cancro.

Polo ao allo con patacas palla

Polo ao allo con patacas palla

Polo ao allo con patacas palla

Información nutricional:

Kcal: 510,2
Proteínas: 40,9%
Hidratos de carbono: 17,4%
Lípidos: 41,7%

Ingredientes

  • 225 g polo
  • 75 mL caldo carne
  • 25 mL viño branco
  • 10 g fariña
  • 1/3 (45 g) pataca conxelada
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • caiena
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Fritir o polo salpementado. Nunha tixola á parte nun pouco de aceite refogar o allo laminado e caiena. Cubrir de fariña sen que se queime. Mollar con viño branco deixando reducir. Mollar con caldo de carne. Cocer un par de minutos. Acompañar de pataca palla.

Vantaxes:
Este prato combina as propiedades do polo, sendo este rico en aminoácidos de fácil asimilación, vitaminas do grupo B e minerais como potasio, ferro e fósforo; coas propiedades da pataca, que destaca polo seu contido en amidón, o seu baixo aporte de proteínas e graxas; e é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Arroz branco con champiñóns

Arroz branco con champiñóns

Arroz branco con champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 381,0
Proteínas: 17,5%
Hidratos de carbono: 35,2%
Lípidos: 47,3%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 75 g champiñóns enlatados
  • 75 g salsa tomate
  • 50 mL caldo de ave
  • 40 mL auga
  • 11 g cebola
  • 8 g xamón cocido
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • loureiro
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar, nunha cazola coa metade do aceite, o allo e a cebola picada. Engadir o arroz e mollar co caldo de carne quente. Poñer sal e loureiro e deixar cocer ó forno 20 minutos a 180ºC. Nun cazo á parte, refogar a lume vivo os champiñóns en aceite e engadir o xamón en dados, e a salsa de tomate. Deixar cocer varios minutos. Presentar o arroz branco cocido e sobre este a salsa de champiñóns co xamón. Cubrir con perexil.

Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite. A isto hai que sumarlle as propiedades antioxidantes dos champiñóns, debidas á ergotioneína.