Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Coello á sidra

15 Xullo, 2015

Coello á sidra

Coello á sidra

Información nutricional:

Kcal: 483,3
Proteínas: 33,1%
Hidratos de carbono: 22,9%
Lípidos: 44%

Ingredientes

  • 150 g coello
  • 40 g chícharos
  • 20 g cebola
  • 80 mL sidra
  • 1 (100g) pataca
  • 1 cullerada (15mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • perexil picado
  • pementa

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Talar o coello e sazonar. Pasar por fariña e fritir ata dourar. Á parte, nunha pota, rustrir en aceite a cebola picada. Deixar pasar. Engadir o coello e mollar coa sidra. Completar con auga ata cubrir e deixar cocer ata que estea tenro. Cortar as patacas en dados grandes e fritir o exterior. A continuación deixalas cocer co coello. Os chícharos engádense ó final xa cocidos.

Vantaxes:
Pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. En canto ós minerais, destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B, especialmente B3 (niacina) e B12 (cobalamina).

Inconvenientes:

Macedonia de pomelo

Macedonia de pomelo

Macedonia de pomelo

Información nutricional:

Kcal: 144,6
Proteínas: 3,2%
Hidratos de carbono: 94,3%
Lípidos: 2,6%

Ingredientes

  • 90 g pomelo
  • 25 g cirolas pasas
  • 15 g mazá
  • 50 g auga
  • 10 g azucre
  • canela en rama

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Pelar o pomelo. Cortar en rebandas e quitar a membrana. Escaldar as cirolas pasas para poder separar o óso. Nun cazo pequeno poñer auga, azucre e zume de limón a lume medio ata que ferva. Somerxer no xarope as cirolas pasas e a mazá picada darlles unha volta e escorrer. Deixar enfriar o xarope e votar por riba da froita.

Vantaxes:
O pomelo destaca polo seu contido en vitamina C. É rico en minerais como potasio,fluor, calcio e magnesio. Ademais, é unha das froitas menos calóricas. Debido ó seu contido en substancias como a pectina, flavonoides, carotenoides e terpenoide presenta excelentes propiedades beneficiosas para a saúde como favorecer a dixestión, diminuír os niveis de colesterol no sangue, impedir a proliferación de células cancerosas no organismo e ser un poderoso antioxidante.

Inconvenientes:
Non é recomendable o consumo de máis dun pomelo ou dun zume de dous pomelos o día.

Alcachofas refogadas

Alcachofas refogadas

Alcachofas refogadas

Información nutricional:

Kcal: 225,1
Proteínas: 11,8%
Hidratos de carbono: 20,8%
Lípidos: 67,4%

Ingredientes

  • 100 g alcachofas
  • 20 g xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as alcachofas en auga con sal. Mentres, refogar as tiras de xamón en aceite. Servir o rustrido por riba das alcachofas xa cocidase escoadas. Suxerencia de presentación con ovo escalfado.

Vantaxes:
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes desta hortaliza. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esteroles, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.

Xarda ó forno con verduras

Xarda ó forno con verduras

Xarda ó forno con verduras

Información nutricional:

Kcal: 459
Proteínas: 22,6%
Hidratos de carbono: 29%
Lípidos: 48,4%

Ingredientes

  • 150 g xarda
  • 50 g cabaciño
  • 1 grande (120g) pataca
  • 1/4 (30 g) pemento vermello
  • 1/4 (30 g) cebola
  • 1/2 (30 g) cenoria
  • 20 g porro
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Limpar a xarda e fileteala. Lavar e cortar as verduras en tiras. Refogar as verduras en aceite e poñer nunha placa de forno a 180ºC durante aproximadamente 10 minutos. Dourar os filetes de xarda na prancha, volta e volta, e colocar sobre as verduras. Introducir no forno 5 minutos e servir.

Vantaxes:
A xarda é un peixe azul, e como tal é fonte moi importante de ácidos graxos omega-3. Estes ácidos axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. Este peixe contén proteínas de gran valor biolóxico, vitaminas do grupo B (pero en menor proporción que noutros alimentos), e debido ó seu contido en graxa, presenta excelentes niveis de vitaminas liposolubles (A, D, E). En canto ós minerais destacan o potasio, fósforo, iodo, magnesio, ademais do ferro (aínda que en menor medida que nas carnes).

Inconvenientes:
O inconveniente da xarda é o seu contido en purinas, que o organismo transforma en ácido úrico, polo que se desaconsella en caso de hiperuricemia ou gota.

Laranxa con azucre

Laranxa con azucre

Laranxa con azucre

Información nutricional:

Kcal: 93,3
Proteínas: 5,2%
Hidratos de carbono: 94,8%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 160 g laranxa
  • 10 g azucre

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Pelar e picar a laranxa. Engadirlle azucre.

Vantaxes:
A laranxa é unha importante fonte de vitamina C, flavonoides e beta-caroteno. Outros compoñentes que lle reportan numerosos beneficios son ácido fólico e fibra soluble, elevado contido en auga, potasio, ácido cítrico e ácido oxálico. Entre estes beneficios cabe destacar a función antioxidante, inhibición da oxidación do LDL-c (colesterol “malo”), polo que se fai moi interesante de cara á prevención de enfermidades. Ten un efecto diurético e favorece a eliminación do ácido úrico e das súas sales.

Inconvenientes:
O ácido oxálico que conteñen as laranxas pode formar sales co calcio e formar oxalato cálcico, polo que o seu consume pode agravar casos de cálculos renais.