Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Abadexo con espinacas e piñóns

15 Xullo, 2015

Abadexo con espinacas e piñóns

Abadexo con espinacas e piñóns

Información nutricional:

Kcal: 308,9
Proteínas: 40,1%
Hidratos de carbono: 8,3%
Lípidos: 51,5%

Ingredientes

  • 150 g abadexo
  • 100 g espinacas
  • 20 g piñóns
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e marcar o lombo de abadexo na prancha. Cocer as espinacas en auga abundante, refrescar e escorrer. Saltear os piñóns torrados en aceite co allo e engadir as espinacas. Presentar as espinacas no fondo do prato e o peixe por riba.

Vantaxes:
O abadexo é un peixe branco cun baixo contido lipídico. É rico en vitaminas A, D e B12. Aporta proteínas de gran valor biolóxico e graxas insaturadas do tipo omega 3 que protexe ó corazón. Ademais contén cantidades moderadas de substancias antioxidantes, favorables fronte ó envellecemento celular.
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas, son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Os piñóns son ricos en calcio, magnesio e ferro polo que son recomendables en persoas con osteoporose e descalcificación. Os seus ácidos graxos mono e poliinsaturados son moi adecuados para combater o colesterol e as enfermidades cardiovasculares.

Chícharos con xamón

Chícharos con xamón

Chícharos con xamón

Información nutricional:

Kcal: 221,3
Proteínas: 21,3%
Hidratos de carbono: 29,4%
Lípidos: 49,2%

Ingredientes

  • 150 g chícharos
  • 20 g cebola
  • 20 g xamón serrano
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer os chícharos en auga fervendo, refrescar e escorrer. No aceite, refogar a cebola picada e o xamón cortado en tacos, engadir os chícharos e deixar quentar o conxunto. Suxerencia de presentación con ovo escalfado.

Vantaxes:
Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra , que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.

Iogur natural

Iogur natural

Iogur natural

Información nutricional:

Kcal: 83,6
Proteínas: 26,4%
Hidratos de carbono: 67,4%
Lípidos: 6,2%

Ingredientes

  • 1 iogur natural
  • 10 g azucre

Instruccións

A solución que propomos é un produto xa elaborado. Desta forma evitámoslle o tedio e os costes de facer o iogur na casa. Ademais, facilitámoslle a valoración nutricional dun iogur comercial.

Vantaxes:
A inxestión de iogur presenta numerosas vantaxes, por isto debe ser incluído na nosa dieta diaria. Os principais beneficios derivados do consumo do iogur son que prevén trastornos intestinais, principalmente diarreas, e prevén a entrada de microorganismos patóxenos no intestino. Estes beneficios son debidos á presenza de certos microorganismos que favorecen o crecemento de flora beneficiosa e así diminúen o crecemento de flora microbiana alterante. Presenta, tamén, un efecto inmunomodulador, é dicir, favorece a estimulación do sistema inmune. Ademais, é un produto facilmente dixerible, polo que está indicado en dietas convalecentes. Debido á súa riqueza en ácido láctico, favorece a secreción de encimas e mollos gastrointestinais, o que favorece a dixestión.

Zanquiños de polo ó allo con champiñóns

Zanquiños de polo ó allo con champiñóns

Zanquiños de polo ó allo con champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 525,6
Proteínas: 40,1%
Hidratos de carbono: 3,6%
Lípidos: 56,3%

Ingredientes

  • 150 g zanco de polo
  • 50 g champiñóns
  • 2 dentes (10g) allo
  • 3 culleradas (15 mL) aceite oliva
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • sal ao gusto
  • perexil
  • caiena

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Fritir os zanquiños troceados e salpimentado. Nunha tixola aparte nun pouco de aceite refogar o allo laminado e caiena. Cubrir de fariña sen que se queime. Engadir o polo e o viño branco deixando reducir. Mollar con caldo de carne. Engadir os champiñóns. Deixar cocer un par de minutos.

Vantaxes:
A carne de polo contén aminoácidos esenciais de fácil asimilación, e polo tanto é unha boa fonte de vitaminas. O seu baixo contido en graxas fai que o aporte calórico non sexa elevado. Contén vitaminas do grupo B, como niacina, piridoxina, riboflavina, tiamina e ácido fólico. Ademais é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.

Plátano con salsa de chocolate

Plátano con salsa de chocolate

Plátano con salsa de chocolate

Información nutricional:

Kcal: 207
Proteínas: 8,6%
Hidratos de carbono: 73,3%
Lípidos: 18,2%

Ingredientes

  • 1 (150 g) plátano
  • 25 g chocolate negro
  • 50 mL leite desnatado

Instruccións

Tempo preparación: De 10 a 15 minutos

Pelar o plátano e cortar en dous. Nun cazo ferver o leite e fora do lume engadir o chocolate cortado. Desfacer e botar por riba do plátano para servir.

Vantaxes:
O plátano é moi rico en potasio, que é enerxizante, polo que é moi recomendado o seu consumo en nenos, deportistas e persoas con moito traballo. Ten poucas calorías, pero é rico en hidratos de carbono. O chocolate é un alimento graxo. Atribúenselle efectos terapéuticos gracias á presencia de antioxidantes, como os polifenoles, taninos, flavoniodes e fitoesteroles. Estas substancias son bos cardio protectores, teñen alto poder anticoagulante, diminúen os niveis de LDL e regulan a presión arterial. O cacao ademais contén teobromina, substancia que exerce unha acción tónica sobre o organismo, estimula a circulación sanguínea e ten poder diurético.

Inconvenientes:
O plátano debe consumirse maduro, porque do contrario é moi indixesto