Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Brócoli con tiras de xamón

15 Xullo, 2015

Brócoli con tiras de xamón

Brócoli con tiras de xamón

Información nutricional:

Kcal: 263
Proteínas: 16,8%
Hidratos de carbono: 26,9%
Lípidos: 56,4%

Ingredientes

  • 200 g brócoli
  • 1/2 (60 g) pataca
  • 20 g xamón serrano
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer o brócoli ó vapor. Á parte cocer as patacas. Nun pouco de aceite de oliva refogar o xamón serrano cortado en tiras e poñer por enriba do brócoli.

Vantaxes:
O brócoli é un alimento con alto contido de antioxidantes e betacarotenos. Igualmente posúe un elevado aporte de vitaminas A, B2 e C, con propiedades diuréticas e depuradoras do sangue. Este vexetal está composto, ademais, por unha elevada cantidade de auga (80-90%). Aporta gran cantidade de fibra dietética e ácido fólico. Con respecto ós minerais, subministra cantidades significativas de potasio, fósforo, ferro e calcio, o que lle confiren importantes propiedades antianémicas.

Pescada á galega

Pescada á galega

Pescada á galega

Información nutricional:

Kcal: 463,4
Proteínas: 26,5%
Hidratos de carbono: 33,1%
Lípidos: 40,4%

Ingredientes

  • 150 g pescada
  • 1 (150g) pataca
  • 40 g chícharos
  • 20 g cebola
  • 2 dentes (10g) allo
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementón doce
  • loureiro

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e cortar a pescada en rebandas. Poñer a cocer en auga con laurel as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer de 5 a 8 minutos máis. Á parte preparar unha salsa co aceite, allo e pemento picante. Servir a pescada enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa de allo por riba.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.

Peituga de pavo ao allo

Peituga de pavo ao allo

Peituga de pavo ao allo

Información nutricional:

Kcal: 367
Proteínas: 37,1%
Hidratos de carbono: 18,2%
Lípidos: 44,7%

Ingredientes

  • 150 g peituga de pavo
  • 50 g arroz
  • 2 dentes (10g) allo
  • 3 culleradas (15 mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto
  • loureiro

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer o arroz en auga con sal. Á parte, rustrir o dente de allo nunha sartén con aceite de oliva. A continuación, adubar a peituga e facer á prancha. Servir o arroz como gornición.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. Ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico. Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais, desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas, ademais son expectorantes e anticatarrais.

Inconvenientes:
Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mascando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando un enxugue bucal con auga tibia e zume de limón.

Mazá asada

Mazá asada

Mazá asada

Información nutricional:

Kcal: 131,1
Proteínas: 3,2%
Hidratos de carbono: 94,1%
Lípidos: 2,7%

Ingredientes

  • 1 (160g) mazá
  • 1/4 (50 mL) viño branco
  • 8 g azucre

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Lavar e quitar o corazón á mazá. Facer un corte pequeno na pel para evitar que rompa no forno. Colocar nunha fonte de forno e poñer viño branco, azucre e auga. Introducir no forno 30 minutos a 170ºC. Pódese consumir quente.

Vantaxes:
A mazá é das froitas máis completas e enriquecedoras na dieta. Está composta dun 85% de auga. Os nutrientes máis abundantes despois da auga son os azucres, sobre todo a fructosa, e en menor proporción sacarosa e glucosa. É fonte discreta de vitamina E e aporta unha escasa cantidade de vitamina C. É rica en fibra, e como mineral destaca o potasio. A vitamina E posúe acción antioxidante, en parte debida ós elementos fitoquímicos que posúe, tales como flavonoides e quercitina.

Macarróns con atún

Macarróns con atún

Macarróns con atún

Información nutricional:

Kcal: 435,1
Proteínas: 17,7%
Hidratos de carbono: 33,9%
Lípidos: 48,4%

Ingredientes

  • 90 g macarróns
  • 50 g atún aceite
  • 150 g salsa tomate
  • 40 g cebola
  • 10 g perexil
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • ourego

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal. Mentres, rustrir a cebola nunha tixola con aceite. Engadir a salsa de tomate e o atún desmigado. A continuación engadir a pasta e dar ou punto de sal e pementa. Cubrir con ourego.

Vantaxes:
Ademais do aporte calórico da pasta e do atún, debemos ter en conta que neste prato emprégase salsa de tomate. O tomate e os seus derivados presentan numerosos beneficios para o organismo, tales como propiedades antioxidantes, debidas ó licopeno ou efecto diurético propio do potasio.