Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Pasta napolitana

15 Xullo, 2015

Pasta napolitana

Pasta napolitana

Información nutricional:

Kcal: 467,5
Proteínas: 17,1%
Hidratos de carbono: 34%
Lípidos: 48,8%

Ingredientes

  • 80 g pasta
  • 100 g salsa tomate
  • 20 g queixo parmesano
  • 1/3 (40 g) cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • 40 g xamón cocido
  • 1 dente (5g) allo
  • sal ao gusto
  • pementa branca

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal. Á parte rustrir o allo e a cebola en aceite. Engadir a salsa de tomate e o xamón cortado en dados. Engadir a pasta. Dar o punto de sal e pementa. Cubrir con queixo relado.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Inconvenientes:
O único inconveniente é que a pasta é deficitaria en fibra, en vitaminas do grupo B, e en minerais.

Auga

Auga

Auga

Información nutricional:

Kcal: 0
Proteínas: 0%
Hidratos de carbono: 0%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 250 mL un vaso

Instruccións

Suxerencia de bebida

Entrecote de tenreira con pementos bañados

Entrecote de tenreira con pementos bañados

Entrecote de tenreira con pementos bañados

Información nutricional:

Kcal: 323,4
Proteínas: 36,9%
Hidratos de carbono: 16%
Lípidos: 47,1%

Ingredientes

  • 150 g entrecot de tenreira
  • 1 (100 g) pemento vermello
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa negra
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar o pemento en tiras e saltealo coa cebola e o allo nunha tixola con aceite. Adubar o entrecot e facelo á prancha. Servir todo xunto.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Melocotón en xarope

Melocotón en xarope

Melocotón en xarope

Información nutricional:

Kcal: 139,2
Proteínas: 1,7%
Hidratos de carbono: 98,3%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 160 g melocotón en xarope

Instruccións

É unha forma de consumir unha sobremesa diferente, que conserva algunhas das excelentes propiedades saudables dos melocotóns.

Vantaxes:
Aínda que o melocotón presenta un sabor doce, non é das froitas con maior aporte en hidratos de carbono e enerxía. Destaca o seu contido en fibra e potasio, e en menor medida magnesio e iodo. Ademais o melocotón presenta propiedades dietoterapéuticas debidas á presenza de carotenos.

Inconvenientes:
As froitas en xarope presentan un elevado contido en azucre. Para a súa elaboración se engaden azucres simples (sacarosa e glucosa), aumentando ó dobre o seu valor calórico con respecto á froita fresca.

Crema de cabaza

Crema de cabaza

Crema de cabaza

Información nutricional:

Kcal: 127,1
Proteínas: 16,5%
Hidratos de carbono: 56,8%
Lípidos: 26,7%

Ingredientes

  • 1/2 (45 g) pataca
  • 1 pequena (45g) cenoria
  • 1/2 vaso (150 mL) auga
  • 1/2 vaso (75 mL) leite
  • 50 g cabaza
  • 20 g porro
  • 20 g perexil
  • sal ao gusto
  • 1 cullerada (4mL) aceite oliva

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Refogar en aceite o porro, a cenoria, a pataca e a cabaza pelada e sen sementes, cortados en dados durante 4 minutos. A continuación engadir leite e auga, e cocer lentamente durante 20-30 minutos. Pasar por turmix e un coador chino. Poñer a punto de sal. Cubrir con perexil.

Vantaxes:
Debido a que a auga é o principal compoñente da cabaza e que presenta un baixo contido en hidratos de carbono, este alimento faise indispensable na dieta. A cabaza é un bo regulador de azucres en sangue, contén beta-carotenos, actúa como expectorante e presenta propiedades antioxidantes.