Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Pasta con luras

15 Xullo, 2015

Pasta con luras

Pasta con luras

Información nutricional:

Kcal: 267
Proteínas: 28,2%
Hidratos de carbono: 38,8%
Lípidos: 33,1%

Ingredientes

  • 75 g pasta (tallaríns)
  • 75 g luras
  • 50 g salsa tomate
  • 30 g cebola
  • 5 g queixo relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • caiena
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal durante o tempo que nos indique o fabricante. Escorrer e refrescar. En aceite de oliva refogar o allo, cebola e caiena. Engadir a lura en tiras e refogar uns minutos. Poñemos a salsa de tomate e a pasta cocida removendo para que se mesture. Decorar con perexil.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
O aporte enerxético da lura é baixo e non presenta cantidades significativas de hidratos de carbono. Posúe proteínas de alto valor biolóxico e é rica en minerais como o fósforo e sodio, este último non beneficia ás persoas con hipertensión arterial. Tamén posúe vitaminas como a B3, a B12, vitamina A e D, pero todas en cantidades baixas. A lura non é apropiada para persoas que teñan o colesterol elevado, xa que este alimento posúe cantidades altas desta substancia; tampouco se recomenda en persoas con hipertensión arterial.

Dourada ás costas

Dourada ás costas

Dourada ás costas

Información nutricional:

Kcal: 298,9
Proteínas: 28,7%
Hidratos de carbono: 32,8%
Lípidos: 38,5%

Ingredientes

  • 150 g dourada
  • 1 (100g) pataca
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (10mL) vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • caiena
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e filetear a dourada. Marcar na prancha e poñer en placa de forno. Separadamente, fritir o allo fileteado coa caiena no aceite de oliva e cando estea frito verter sobre o peixe e engadirlle o vinagre, cubrir con perexil e meter ao forno 8 min. Servir sobre patacas cocidas en rebandas.

Vantaxes:
A dourada contén proteínas de alto valor biolóxico e niveis relativamente baixos de graxa, polo que o seu valor calórico é reducido. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (niacina e cobalamina), A e E. Os minerais máis abundantes neste peixe son o potasio e o fósforo. Por outra parte o principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.

Acelgas á crema con xamón

Acelgas á crema con xamón

Acelgas á crema con xamón

Información nutricional:

Kcal: 232,6
Proteínas: 21,8%
Hidratos de carbono: 21,8%
Lípidos: 56,3%

Ingredientes

  • 150 g acelgas
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 25 g xamón cocido
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • noz moscada
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer as acelgas, incluída a penca, en auga abundante, refrescar e escorrer. Separadamente, preparar unha bechamel; quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadimos sal, pementa e noz moscada ao gusto. Engadir os taquiños de xamón e as acelgas, deixando cocer todo xunto uns minutos máis.

Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga, e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas, presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto os minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.

Crema de cenoria

Crema de cenoria

Crema de cenoria

Información nutricional:

Kcal: 202,4
Proteinas: 12,1%
Hidratos de carbono: 43,8%
Lípidos: 44,1%

Ingredientes

  • 1/2 vaso (120 mL) auga
  • 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
  • 1 (36 g) cenoria
  • 1/2 (60 g) pataca
  • 20 g porro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Refogar en aceite, a lume baixo, o porro, a cenoria e a pataca cortados en dados, durante 4 min. A continuación engadir o leite e a auga e cocer lentamente durante 20-30 min. Pasar por túrmix e coador chino. Poñer a punto de sal.

Vantaxes:
A cenoria é un alimento excelente dende o punto de vista nutricional grazas ó seu contido en vitaminas e en sales minerais. Pero o gran atractivo das cenorias débese á presenza do beta-caroteno ou provitamina A, pigmento natural que o organismo transforma en vitamina A segundo o necesita. Isto, xunto coa seu aporte en vitamina E, fai desta hortaliza unha fonte natural de antioxidantes. Ademais a cenoria presenta propiedades beneficiosas para a visión, o bo estado da pel, dos dentes e das enxiras.

Peituga de avestruz con gornición

Peituga de avestruz con gornición

Peituga de avestruz con gornición

Información nutricional:

Kcal: 299
Proteínas: 45,1%
Hidratos de carbono: 10,2%
Lípidos: 44,5%

Ingredientes

  • 150 g peituga avestruz
  • 1/4 (30 g) pemento vermello
  • 1/3 (50 g) tomate
  • 1/4 (30 g) cebola
  • 50 g cabaciño
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Facer a peituga á prancha. Para facer a guarnición saltear as verduras. Servir todo xunto.

Vantaxes:
A carne de avestruz caracterizase por ser unha carne de ave vermella, con proteínas de alto valor biolóxico, baixa en calorías e colesterol e con certo sabor doce debido ó alto contido de glucóxeno. Ademais, o seu baixo contido en sodio constitúe outra vantaxe para as persoas que teñen que seguir unha dieta baixa neste mineral.

Inconvenientes:
A ausencia de graxa causa unha perda de xugosidade durante a mastigación, posto que a graxa estimula a salivación. Así pois a carne de avestruz pode dar a impresión de ser moi seca se o tempo de cocción é demasiado longo.