Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Guiso de xarda con fideos

15 Xullo, 2015

Guiso de xarda con fideos

Guiso de xarda con fideos

Información nutricional:

Kcal: 442,6
Proteínas: 34,3%
Hidratos de carbono: 18,8%
Lípidos: 46,8%

Ingredientes

  • 150 g xarda
  • 1/2 vaso (130 mL) caldo peixe
  • 55 g fideo groso perla
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g cebola
  • 25 g cenoria
  • 15 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • pementón doce
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar a xarda e fileteala. Cortar en tiras de 1 cm. de ancho aprox. Refogar en aceite o allo e as verduras en tiras. Engadir o pementón e o caldo de peixe coloreado. Engadir os fideos e aos 5 min. a xarda. Deixar terminar de cocer lentamente e cubrir de perexil antes de servir.

Vantaxes:
A xarda é un peixe azul, e como tal é fonte moi importante de ácidos graxos omega-3. Estes ácidos axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular.
Este peixe contén proteínas de gran valor biolóxico, vitaminas do grupo B (pero en menor proporción que noutros alimentos), e debido ó seu contido en graxa, presenta excelentes niveis de vitaminas liposolubles (A, D, E). En canto ós minerais destacan o potasio, fósforo, iodo, magnesio, ademais do ferro (aínda que en menor medida que nas carnes).

Inconvenientes:
O inconveniente da xarda é o seu contido en purinas, que o organismo transforma en ácido úrico, polo que se desaconsella en caso de hiperuricemia ou gota.

Crema de feixóns pintos

Crema de feixóns pintos

Crema de feixóns pintos

Información nutricional:

Kcal: 281,8
Proteínas: 20,4%
Hidratos de carbono: 58,0%
Lípidos: 21,5%

Ingredientes

  • 65 g feixóns pintos
  • 1 vaso (235 mL) auga
  • 20 g pataca
  • 20 g porro
  • 1 cebola
  • 15 g cenoria
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar nunha cazola con aceite de oliva, a cebola, o porro, a cenoria e a pataca (todo cortado en anacos desiguais). Cubrir con auga abundante e engadir os feixóns remollados 12 h. previamente. Cando os feixóns estean tenros, pasar pola túrmix e o chinés. Se está demasiado espesa alixerar con auga. Dar o punto de sal.

Vantaxes:
Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, fundamentalmente polo seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina).

Codornices con uvas

Codornices con uvas

Codornices con uvas

Información nutricional:

Kcal: 739,6
Proteínas: 35,3%
Hidratos de carbono 16,6%
Lípidos: 48,2%

Ingredientes

  • 200 g codorniz
  • 20 g touciño
  • 300 mL caldo carne
  • 60 g cebola
  • 5 uva branca
  • 50 mL viño branco
  • 50 g arroz
  • 1 cullerada (5mL) brandy
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa negra en gran
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Limpar e chamuscar as codornices. Salpementar e fritir ata dourar. Nunha pota refogar no aceite de oliva o allo e a cebola en dados. Engadir as codornices e bacón en dados, flambear con brandy e mollar co viño branco deixando reducir uns minutos. Engadir o caldo ata cubrir. Tapar a pota e deixar cocer suavemente ata que estean tenras. Engadirlle as uvas e deixar cocer 5 minutos máis. Gornecer de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
A carne de codorniz é das menos calóricas, grazas ao seu menor contido en graxa; e é rica en proteínas, ata en maior cantidade que a carne de polo ou de pavo. Presenta unha baixa porcentaxe de colesterol, polo que esta carne pode substituír a outras máis graxas. En canto aos minerais destaca o seu elevado contido en ferro. E a carne de codorniz é unha boa fonte de vitamina B1, B2 e B6.

Froita fresca (amorodos)

Froita fresca (amorodos)

Froita fresca (amorodos)

Información nutricional:

Kcal: 39
Proteínas: 14,3%
Hidratos de carbono: 85,7%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 1 0g amorodos

Instruccións

Lavar be e servir. Se poden acompañar cun pouco de azucre.

Vantaxes:
Os amorodos son froitas que aportan poucas calorías e o seu compoñente máis abundante, despois do auga, son os hidratos de carbono (fructosa, glucosa e xilitol). Destaca polo seu aporte de fibra, que mellora o tránsito intestinal. Ademais son moi boa fonte de vitamina C e ácido cítrico, ácido salicílico, ácido málico e oxálico, potasio e en menor proporción conteñen vitamina E.

Verduras guisadas á rioxana

Verduras guisadas á rioxana

Verduras guisadas á rioxana

Información nutricional:

Kcal: 243,3
Proteínas: 14%
Hidratos de carbono: 16,8%
Lípidos: 69,2%

Ingredientes

  • 30 g feixón verde
  • 30 g cenoria
  • 40 g cabaciño
  • 25 g salsa tomate
  • 25 g ovo cocido
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento choriceiro
  • 15 g chourizo
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar, lavar e cortar en dados (paisana) as cenorias e o cabaciño. Refogar en aceite o allo e cebola picados. Engadir a cenoria e o chourizo en rebandas. Engadir o cabaciño, a salsa de tomate e a pulpa do pemento previamente remollado. Cubrir con auga e deixar cocer uns minutos. Engadirlle os feixóns cocidos a parte cortados en dados. Acompañar de medio ovo duro.

Vantaxes:
A combinación de feixón verde, cabaciño, cenoria, cebola e allo aporta ao organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerales tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte aos radicais libres que provocan o envejecimiento celular.