Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS ABRE HOXE A SÚA SEXTA TENDA PLENUS

10 Setembro, 2015

O Grupo Cuevas inaugura hoxe un supermercado de 750 metros cadrados na cidade de Ourense, coa marca Plenus, que se suma aos cinco xa abertos en diferentes puntos de Ourense, Pontevedra e Lugo. Coa apertura deste Plenus consolídase o obxectivo de crecemento da rede comercial da compañía no segmento detallista, que se completa coa rede de establecementos Aquí e Aquié, ás que desde este ano se engade a ensina Cuevas-Spar.
Do mesmo xeito que os demais centros de alimentación creados polo Grupo Cuevas, este Plenus apostará pola fortaleza da sección de frescos e por unha oferta capaz de combinar primeiras marcas, especial atención aos produtos galegos e prezos moi competitivos.
Con esta apertura comeza a fase decisiva do plan estratéxico da marca Plenus, creada no ano 2011 mediante un formato novedoso en España, e que na actualidade supera xa os 2.700 metros cadrados de superficie de venda. Artur Yuste, director xeral do Grupo Cuevas define o novo formato como “unha tenda de proximidade que encaixa tanto nas medianas como nas grandes poboacións, e representa un cambio de estilo e unha transformación radical do concepto de distribución no modelo de supermercados de proximidade en España”.
Ver imaxe

GRUPO CUEVAS COA RIBEIRA SACRA

18 Xullo, 2015

La Región e o Progreso, coa colaboración do Consorcio da Ribeira Sacra, publican este fin de semana un especial sobre “Os Sabores da Ribeira Sacra” co obxectivo de promover a concesión, por parte da Unesco, do título de Patrimonio da Humanidade para a Ribeira Sacra.
Ver anuncio

Espetada de salmón ás finas herbas

15 Xullo, 2015

Espetada de salmón ás finas herbas

Espetada de salmón ás finas herbas

Información nutricional:

Kcal: 412,4
Proteínas: 36,7%
Hidratos de carbono: 26,4%
Lípidos: 37,0%

Ingredientes

  • 150 g salmón fresco
  • 85 g arroz salvaxe
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • ceboliño
  • estragón

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar, filetear e cortar o salmón en dados e insertalos nunha espetada. Á parte, facer a salsa quentando aceite nun cazo, engadir a fariña e cociñar un minuto. Mollar co caldo de peixe remover coa variña para desfacer os grumos. Poñer a punto de sal e engadir as herbas aromáticas. Cocer o arroz en auga abundante por separado e refrescar. A continuación, mesturar en frío. Servir o arroz no fondo do prato. Enriba a espetada á prancha e cubrir coa salsa.

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. Á súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, tamén é fonte de magnesio e iodo.

Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis, o salmón presenta o inconveniente de que conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.

Repolo paisana

Repolo paisana

Repolo paisana

Información nutricional:

Kcal: 295,2
Proteínas: 21,4%
Hidratos de carbono: 11,8%
Lípidos: 66,8%

Ingredientes

  • 150 g repolo
  • 40 g cenoria
  • 25 g chourizo
  • 1 pequeno (50g) ovo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar, lavar e cortar en dados (paisana) o repolo. Cocer en auga abundante e escorrer. Á parte, nunha pota refogar no aceite as cenorias en dados e o chourizo en rebandas. Engadir o repolo e remover. Acompañar de ovo cocido.

Vantaxes:
O repolo destaca pola elevada presenza de auga na súa composición. Este alimento aporta ó organismo potasio, magnesio, calcio e vitaminas. Contén boas cantidades de fibra e hidratos de carbono, fundamentais para a recuperación de enerxía e resistencia físicas. Ademais, o repolo presenta betacaroteno ou provitamina A, vitamina C, E, niacina e folatos. A transformación do betacaroteno en vitamina A axuda á visión, ó bo estado das mucosas, cabelo, pel, ósos e ó bo funcionamento do sistema inmunolóxico.