Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Pemento do piquillo reenchido de bacallau

15 Xullo, 2015

Pemento do piquillo reenchido de bacallau

Pemento do piquillo reenchido de bacallau

Información nutricional:

Kcal: 363
Proteínas: 48,9%
Hidratos de carbono: 21,3%
Lípidos: 29,9%

Ingredientes

  • 60 g pemento piquillo
  • 20 g bacallau
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 12 g fariña
  • 25 g salsa tomate
  • 10 g cebola
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • noz moscada
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Preparar unha bechamel; quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Continuar removendo ata que ferva e espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ao gusto. Picar o bacallau previamente desalgado e cortado en anacos pequenos e engadilos á bechamel e remover. Con axuda dunha culler ou manga pasteleira reencher os pementos. Quentar no forno sobre unha salsa de tomate.

Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.

Salmón ás finas herbas

Salmón ás finas herbas

Salmón ás finas herbas

Información nutricional:

Kcal: 468,6
Proteínas: 35,5%
Hidratos de carbono: 24%
Lípidos: 40,5%

Ingredientes

  • 150 g salmón
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 60 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • estragón
  • ceboliño
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o peixe e cortar en lombos. Sazonar con sal e marcar lixeiramente na prancha. Facer a salsa velouté: refogar a fariña no aceite sen que se torre e engadir o caldo de peixe quente. Salgar, debe quedar como unha bechamel lixeira. Engadir as herbas picadas finamente. Cocer pataca en rebandas a parte, e colocar o salmón sobre a pataca e cubrir coa salsa .

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.

Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.

Refogado de arroz tres delicias

Refogado de arroz tres delicias

Refogado de arroz tres delicias

Información nutricional:

Kcal: 281,1
Proteínas: 28%
Hidratos de carbono: 35,8%
Lípidos: 36,2%

Ingredientes

  • 70 g arroz
  • 60 g gambas
  • 20 g xamón cocido
  • 20 g millo doce
  • 20 g chícharos
  • 1 cullerada (5mL) salsa soia
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha cacerola con abundante auga fervendo cocer o arroz 20 min. e a continuación escorrer e refrescar. Nunha tixola ou wok refogar en aceite as gambas, engadir o xamón cortado en dados, o arroz, os chícharos cocidos e o millo doce. Dar o toque de soia con coidado de non pasarse polo sal que ten. Servir quente.

Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Coello en salsa de améndoas

Coello en salsa de améndoas

Coello en salsa de améndoas

Información nutricional:

Kcal: 845
Proteínas: 34,7%
Hidratos de carbono: 14,1%
Lípidos: 51,2%

Ingredientes

  • 150 g coello
  • 1 (100g) pataca
  • 1 vaso (200mL) caldo carne
  • 80 mL viño branco
  • 50 mL brandy
  • 25 g cebola
  • 20 g améndoa
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o coello en anacos, salpementar e fritir para dourar, reservar. Nunha cacerola refogar en aceite a cebola e o allo. Engadirlle o coello e flambear con brandy. Engadir o viño branco deixando reducir o alcol uns instantes. Cubrir con caldo. Deixar cocer suavemente ata que estea tenro, á metade de cocción engadirlle as améndoas torradas e maceradas en mortero. Adicionar as patacas en dados previamente fritidas.

Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.

Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.

Brócoli á galega

Brócoli á galega

Brócoli á galega

Información nutricional:

Kcal: 174
Proteínas: 13,9%
Hidratos de carbono: 34,4%
Lípidos: 51,7%

Ingredientes

  • 150 g brócoli
  • 50 g pataca
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o brócoli en auga fervendo con sal e reservar. Preparar unha salsa allada: quentar o aceite, engadir o allo ata que se doure, retirar do lume e engadir o pementón doce, procurando que non se queime. Deixar repousar e coar. Cocer a pataca. Presentar o brócoli coa pataca á beira e cubrir coa allada.

Vantaxes:
O brócoli é un alimento con alto contido de antioxidantes e betacarotenos. Igualmente posúe un elevado aporte de vitaminas A, B2 e C, con propiedades diuréticas e depuradoras do sangue. Este vexetal está composto, ademais, por unha elevada cantidade de auga (80-90%). Aporta gran cantidade de fibra dietética e ácido fólico. Con respecto ós minerais, subministra cantidades significativas de potasio, fósforo, ferro e calcio, o que lle confiren importantes propiedades antianémicas.