Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Refogado de alcachofas con xamón

15 Xullo, 2015

Refogado de alcachofas con xamón

Refogado de alcachofas con xamón

Información nutricional:

Kcal: 290,1
Proteínas: 11%
Hidratos de carbono: 37,9%
Lípidos: 51,1%

Ingredientes

  • 100 g alcachofas
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Quentar o aceite e refogar o xamón uns segundos. Engadir alcachofas cortadas en metades e refogar lixeiramente. Servir sobre unhas patacas cocidas en rebandas. Suxerencia de presentación con ovo escalfado.

Vantaxes:
O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes desta hortaliza. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esteroles, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.

Pavo ao curry

Pavo ao curry

Pavo ao curry

Información nutricional:

Kcal: 472,6
Proteínas: 38,5%
Hidratos de carbono: 23,8%
Lípidos: 37,7%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • 25 g arroz branco
  • 25 g arroz salvaxe
  • 30 g mazá
  • 30 g cebola
  • 20 mL nata
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 2 g curry
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o pavo en dados de 30g aprox. salpementar, pasar por fariña e fritir lixeiramente. Reservar. Facer a salsa refogando a cebola en aceite uns minutos, engadir a mazá pelada e sen corazón. Engadir un pelín de farina e o caldo de polo deixando cocer 10 minutos. Triturar a salsa e poñer o curry ao gusto. Introducir o pavo na salsa e cocer 10 min. Cocer o arroz (mestura de branco e salvaxe) e poñer de base. Poñer o pavo enriba e decorar con perexil.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.

Crema de verduras con fideos

Crema de verduras con fideos

Crema de verduras con fideos

Información nutricional:

Kcal: 209,4
Proteínas: 13,1%
Hidratos de carbono: 43,7%
Lípidos: 43,2%

Ingredientes

  • 1/2 vaso (120 mL) auga
  • 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
  • 40 g cenoria
  • 40 g cabaciño
  • 30 g porro
  • 30 g pataca
  • 25 g cebola
  • 15 g fideo fino
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar no aceite de oliva o branco de porro, a cebola, a cenoria e a pataca todo cortado en dados. Engadir o auga e o leite. Cando comece a ferver engadir o cabaciño con pel troceado. Deixar cocer lentamente 15 minutos. Triturar e pasar por chinés. Ferver de novo e cocer uns fideos finos durante 5 min. Dar o punto de sal. Non debe resultar moi espesa.

Vantaxes:
A combinación de porro, cabaciño, cenoria, pataca e cebola aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.

Arroz terra-mar

Arroz terra-mar

Arroz terra-mar

Información nutricional:

Kcal: 356,6
Proteínas: 41,4%
Hidratos de carbono: 34,7%
Lípidos: 23,9%

Ingredientes

  • 75 g arroz
  • 40 g berberecho
  • 1 vaso (200mL) caldo peixe
  • 30 g chícharos
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g salsa tomate
  • 20 g cenoria
  • 1 dente (5g) allo
  • colorante alimentario
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha paelleira ou similar refogar en aceite o allo, a cenornia e o pemento en dados. Engadir o arroz e rustrir. Agregar salsa de tomate e mollar con caldo coloreado moi quente en volume dobre que de arroz. Poñer os chícharos e os berberechos e meter no forno 18 min. a 180ºC.

Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Fideuá con verduras

Fideuá con verduras

Fideuá con verduras

Información nutricional:

Kcal: 399
Proteínas: 24,8%
Hidratos de carbono: 25,9%
Lípidos: 49,3%

Ingredientes

  • 70 g fideo groso perla
  • 175 mL caldo polo
  • 20 g cenoria
  • 35 g feixón verde
  • 20 g salsa tomate
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha cacerola quentar o aceite e engadir o allo e a cebola picados. Refogar e engadir a cenoria e o pemento. Ao cabo duns minutos engadir o tomate e o caldo coloreado e deixar ferver. Engadir os fideos e aos 5 minutos os feixóns coratados en dados xa cocidos.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Neste prato combínase o valor calórico e nutricional da pasta cos beneficios das verduras (cenoria, pemento, cebola e feixóns verdes). Destacan as propiedades antioxidantes, o aporte vitamínico, fundamentalmente, vitaminas do grupo B, A e C; e minerais como potasio, magnesio e fósforo.