Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Brócoli con salsa Soubise (bechamel con cebola)

15 Xullo, 2015

Brócoli con salsa Soubise (bechamel con cebola)

Brócoli con salsa Soubise (bechamel con cebola)

Información nutricional:

Kcal: 301,3
Proteínas: 20,8%
Hidratos de carbono: 21,0%
Lípidos: 58,2%

Ingredientes

  • 150 g brócoli
  • 100 mL leite desnatado
  • 40 g xamón serrano
  • 40 g cebola
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • noz moscada
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o brócoli ao vapor sen pasar en exceso. Preparar unha salsa bechamel con cebola: quentar o aceite e refogar sen que tome cor a cebola en xuliana, engadir a fariña removendo sen cesar. Engadir o leite quente e sen parar de remover. Dar o toque de pementa e noz moscada. Engadirlle uns tacos de xamón. Cubrir o brócoli coa salsa e servir.

Vantaxes:
O brócoli é un alimento con alto contido de antioxidantes e betacarotenos. Igualmente posúe un elevado aporte de vitaminas A, B2 e C, con propiedades diuréticas e depuradoras do sangue. Este vexetal está composto, ademais, por unha elevada cantidade de auga (80-90%). Aporta gran cantidade de fibra dietética e ácido fólico. Con respecto ós minerais, subministra cantidades significativas de potasio, fósforo, ferro e calcio, o que lle confiren importantes propiedades antianémicas.

Agulla de tenreira estufada

Agulla de tenreira estufada

Agulla de tenreira estufada

Información nutricional:

Kcal: 628,4
Proteínas: 37,6%
Hidratos de carbono: 24,0%
Lípidos: 38,4%

Ingredientes

  • 150 g tenreira agulla
  • 1 (100g) pataca
  • 1 vaso (250 mL) caldo carne
  • 60 mL viño tinto
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 25 g salsa tomate
  • 20 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar, pasar por fariña e dourar nunha tixola nun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Nesa tixola dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e o tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. As patacas córtanse en dados e frítense lixeiramente para engadir ao final á carne.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Lentellas estufadas con verduras

Lentellas estufadas con verduras

Lentellas estufadas con verduras

Información nutricional:

Kcal: 239,8
Proteínas: 21,3%
Hidratos de carbono: 58,4%
Lípidos: 20,3%

Ingredientes

  • 50 g lentellas
  • 1 vaso (200mL) auga
  • 25 g cebola
  • 25 g cabaciño
  • 25 g cenoria
  • 15 g arroz
  • 1 dente (3g) allo
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • comiño
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Introducir en auga fría as lentellas, a cebola e a cenoria e cocer lentamente. Engadir á media hora de cocción o cabaciño en dados e o arroz e continuar a lume lento ata que estea todo cocido. Dar o punto de sal e engadir un rustrido de allo en aceite con pementón e cominos.

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.

Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal.

Polo á caseira con alcachofas

Polo á caseira con alcachofas

Polo á caseira con alcachofas

Información nutricional:

Kcal: 753,7
Proteínas: 40,9%
Hidratos de carbono: 15,1%
Lípidos:44,0%

Ingredientes

  • 150 g zancos polo
  • 1 vaso (200 mL) caldo polo
  • 1/2 vaso (100mL) viño branco
  • 110 g champiñóns enteiros
  • 50 g salsa tomate
  • 50 g alcachofas
  • 50 g chícharos
  • 40 g cebola
  • 20 g xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Salpementar e dourar os xamonciños na tixola para que se douren. Preparar a salsa a parte refogando en aceite, loureiro, a cebola picada co xamón e o tomate. Verter sobre o polo e engadir o viño branco deixando reducir un pouco o alcol. Cubrir de auga ou caldo de polo. Cando estea tenro, engadir os champiñóns, chícharos cocidos. Servir acompañado das alcachofas e cubrindo coa salsa.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo. O potasio e a fibra son dous dos nutrientes máis abundantes nas alcachofas. Tamén destaca polo seu alto contido en magnesio, fósforo e calcio. Na súa composición atopamos a cinarina, que ten efecto colerético, é dicir, que estimula a función do fígado e facilita a dixestión de graxas. Posúe, tamén, esteroles, que teñen capacidade para limitar a absorción do colesterol no intestino.

Pescada en salsa de piperada

Pescada en salsa de piperada

Pescada en salsa de piperada

Información nutricional:

Kcal: 311,7
Proteínas: 37,1%
Hidratos de carbono: 41,9%
Lípidos: 21,0%

Ingredientes

  • 150 g lombo pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 30 g pemento amarelo
  • 30 g pemento vermello
  • 30 g pemento verde
  • 25 g salsa tomate
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Preparar unha salsa refogando en aceite o allo, a cebola e os pementos, cortado todo en dados. Engadir un pouco de fariña e a continuación a salsa de tomate e o caldo de peixe quente e perexil picado, deixando cocer uns minutos. Separadamente, o lombo de pescada márcase na prancha e colócase nunha fonte de forno, cóbrese con salsa e fornea 10 min. a 180ºC. Acompañar dunhas patacas cocidas a parte.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12), pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.