Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Peituga de pavo á pementa verde

15 Xullo, 2015

Peituga de pavo á pementa verde

Peituga de pavo á pementa verde

Información nutricional:

Kcal: 440,1
Proteínas:40,6%
Hidratos de carbono: 16,1%
Lípidos: 48,3%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 75 mL caldo carne
  • 50 g arroz
  • 25 mL nata
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • pementa verde en gran
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Salpementar a peituga, cortar en escalopíns de 75gr aprox. Marcar na pranca e reservar. Dourar o allo en aceite engadir a nata e despois o caldo de carne. Dar o punto de pementa branca e sal. Cubrir a peituga coa salsa e deixar cocer 15 minutos, espallar uns grans de pementa verde por riba. Acompañar de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. Ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.

Xarrete de tenreira guisado

Xarrete de tenreira guisado

Xarrete de tenreira guisado

Información nutricional:

Kcal: 741,9
Proteínas: 30,1%
Hidratos de carbono: 20,7%
Lípidos: 49,2%

Ingredientes

  • 150 g xarrete tenreria
  • 1 (120g) pataca
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
  • 60 mL viño branco
  • 40 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g salsa tomate
  • 1 dente (5g) allo
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • colorante alimentario
  • perexil
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Más de 1 hora minutos

Dourar o xarrete nunha tixola con aceite e retirar. Refogar nese aceite as verduras picadas, engadir a fariña removendo ben para evitar grumos. A continuación engadir o viño branco deixándoo reducir e para rematar o caldo de carne; levar a ebullición. Nun recipiente adecuado para forno mesturar o xarrete coa salsa e fornealo a 180 ºC durante unha hora aproximadamente. Nun recipiente a parte poñer as patacas con caldo de carne, salsa de tomate, mollo do xarrete, colorante alimentario e sal, levar primeiro a ebullición e despois asar no forno a 180 ºC durante 25 minutos.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Filloas reenchidas de crema

Filloas reenchidas de crema

Filloas reenchidas de crema

Información nutricional:

Kcal: 172,2
Proteínas: 16,9%
Hidratos de carbono: 55%
Lípidos: 28,1%

Ingredientes

  • 17 g ovo pasteurizado
  • 3 g azucre
  • 33 mL leite desnatado
  • 7 g fariña
  • 60 g crema pasteleira
  • 2 g raiadura limón

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Mesturar o ovo co azucre, engadir a fariña e mesturar ata a súa completa disolución, evitando os grumos; a continuación diluír o leite e engadir a raiadura de limón. Nunha tixola engadir a manteiga e cando estea ben quente engadir a mestura, dar a volta á filloa e retirar. Reencher coa crema pasteleira.

Vantaxes:
Esta sobremesa está elaborada con leite, que é un dos alimentos máis completos. Entre os seus compoñentes atopamos vitaminas A, C, e do grupo B, riboflavina e niacina; ademais de ferro, calcio, e proteínas. O seu consumo habitual diminúe nun 60% o risco de contraer cancro de mama, grazas á lactosa; o seu contido en calcio fai que sexa indispensable para evitar a osteoporose, e o seu contido vitamínico fai que o seu consumo habitual supla un terzo das nosas necesidades diarias.

Pasta á caseira

Pasta á caseira

Pasta á caseira

Información nutricional:

Kcal: 360,1
Proteínas: 9%
Hidratos de carbono: 27,7%
Lípidos: 63,3%

Ingredientes

  • 70 g pasta tiburón
  • 15 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 1 dente (5g) allo
  • 50 g salsa tomate
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • ourego
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer a pasta en abundante auga fervendo con sal durante o tempo que nos indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Separadamente, nunha pota elaborar a salsa refogando en aceite o allo, a cebola e o pemento vermello cortados en dados. Engadir a salsa de tomate e deixar ferver uns minutos. Condimentar con ourego e salpementar ao gusto. Mesturar coa pasta e quentar todo xunto.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Palometa ao forno con verduras

Palometa ao forno con verduras

Palometa ao forno con verduras

Información nutricional:

Kcal: 539,8
Proteínas: 36,5%
Hidratos de carbono: 27,8%
Lípidos: 35,7%

Ingredientes

  • 150 g palometa
  • 1 (100g) pataca
  • 40 g cebola
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 25 g cenoria
  • 50 g salsa tomate
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar as patacas peladas en rebandas finas e dar un toque de fritura. Colocar nunha bandexa de forno. Limpar a palometa, cortar en anacos de 75gr. aprox., salgar, pasar por fariña e fritir lixeiramente. Colocar sobre as patacas. Facer a salsa refogando os pementos, a cenoria e a cebola; engadir a salsa de tomate e o caldo de peixe deixando cocer 10 minutos. Verter sobre o peixe e patacas cocinando ao forno 15 min. aprox. ata que a pataca estea branda. Decorar con perexil.

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes. Este prato tamén presenta pataca, cuxo principal compoñente despois da auga é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo debido a súa acción diurética e depuradora.